QUÉ FACEMOS COAS MANS?

Estes días de Semana Santa, no Concello De Santiago de Compostela  disfrutaron dun xeito distinto das vacacións e pasaron unhas mañáns moi entretidas, co campamento que se realizou no Colexio Raíña Fabiola.

Todas as actividades que se realizaron tiveron como centro de interese as mans.

Fixemos obradoiros de todo tipo, dende crear a nosa propia pintura vexetal coa cal elaboramos un mural sobre a primaveira, tamén fixemos unha plantación de distintas sementes, instrumentos musicais con materiais de refugallo ,figuras en 3D de plastilina, dáctilo-pintura….Pero aparte de todas as manualidades que fixemos, tamén lle sacamos tempo para facer xogos de paracaídas, xogos predeportivos, dinámicas de grupo, xogos de cartas….

Foron uns días cheos de ledicia, nos cales pasamos uns moi bos momentos.