CHAMAMOS AO SOL

Moi boas amigas e amigos das bibliopiscinas!

Unha semana máis,e xa apiques de rematar o mes de xullo, na Bibliopiscina de Bertamiráns fixemos un chamanento ao sol,xa que últimamente anda un pouco agochado; máis concretamente elaboramos un mural sobre o verán, e o cal adornamos coas chanclas decorativas que cada nena e neno pintou e adornou de xeito moi orixinal. Ademais, aproveitamos para ler contos e xogar con xogos de mesa e cos crebacabezas.

Parece que a nosa chamada causou efecto e nos esperan días de moita calor, asique esperámosvos a todas e todos nas bibliopiscinas de Ames, entre chapuzón e chapuzón acércate a nosa zona onde poderás ler, colorear, ou botarlle unha partida a un xogo de mesa.

Ata a vindeira semana bibliopiscineiras e bibliopiscineiros!

BIBLIOPISCINA EN MILLADOIRO

Esta semana na Bibliopiscina de Milladoiro cos rapaces e rapazas fixemos un taller de xeados de cartulina e cartón, xogamos a búsqueda do tesouro, xogos de mesa e  coñecemos ós Bolechas; pasárono moi ben e o taller gustoulles moito.

XOGOS E DIVERSIÓN EN TAPIA

Por fin chegou o calor e o bo tempo e con el o entretemento na bibliopiscina da praia fluvial de Tapia. Durante estas tardes, ademais das actividades habituais, como xogos de mesa, lectura de libros, xogos na alfombra para os mais pequechos…leváronse a cabo talleres de pintura e obradoiros de reciclaxe nos que, usando papel de periódico e cartolinas, fixéronse caixiñas e uns xarróns con flores moi orixinais.

BIBLIOPISCINAS AMES 2018

Amigas e amigos un ano máis demos o pistoletazo de saída as Bibliopiscinas de Ames, estarán en marcha desde o 1 de xullo e ata o 31 de agosto, co obxetivo de facer máis entretidas as tardes de piscina.

As monitoras que desenvolven este servizo realizarán actividades de todo tipo, talleres,xogos,manualidades,animación á lectura…..sen esquecer que se conta con libros, prensa, xoguetes e xogos de mesa.

O servizo estará dispoñible en horario de 16:00h a 20:00 horas, de luns a venres, no Milladoiro e Bertamiráns, e de martes a domingo, en Tapia, tamén no mesmo horario.

¡¡¡¡NON O DUBIDES,ESPERÁMOSTE!!!!!