BIBLIOPISCINA MILLADOIRO

Debido a que ó principio de esta semana non nos acompañou o bó tempo, a bibliopiscina non foi moi transitada.

Pero o sol decidiu saír na segunda parte da semana e gozamos del facendo unha manualidade de nubes divertidas, que lles gustou moito; lendo a Cocorico, xogando ó un, a xogos de mesa, ó raposo…

TALLERES DE RECICLAXE NA BIBLIOPISCINA DE TAPIA

Durante estas semanas, na bibliopiscina de Tapia, nenos e nenas de diversas idades estiveron a participar en entretidos obradoiros e talleres de reciclaxe, nos que crearon verdadeiras obras de arte. Seguiron dándolle uso a periódicos vellos e restos de diferentes materiais, como goma eva, lá ou papel, dando como resultado todo tipo de cadros que se van expoñendo na bibliopiscina. Tamén deron moi bo uso dos xogos de mesa, sobre todo o xadrez; e cada vez hai mais xente que se anima a lectura libre dentro do recinto, sendo os cómics os mais demandados por rapaces e rapazas.