CONTACONTOS EN BUGALLIDO E AUGAPESADA.

Para estas sesións de contacontos eliximos o libro “A vaca que puxo un ovo”. Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as pitas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas “comadres” están seguras de que todo é unha gran mentira.

O final, sorprendente.

E para rematar as sesións, cada nena e neno, pintaron uns oviños como o que puxo a vaca Marjorie.

O COMEDOR DE ORTOÑO DIVÍRTESE XOGANDO

As nenas e os nenos do comedor da Escola Unitaria de Ortoño continúan coas rutinas á hora do xantar. Tras rematar o horario lectivo as máis pequenas e os máis pequenos collen os seus abrigos e as súas mochilas e dispóñense a ir ao comedor para comezar a xantar. Unha vez rematada toda a comida, lavan os dentes, recollen as súas pertenzas e xa están listas e listos para comezar a xogar.

A imaxinación é o recurso lúdico que máis soen utilizar, pois a esas idades a mente humana proporciona infinidade de propostas lúdicas, xa sexa con ou sen material. Un dos xogos que máis soan utilizar é xogar ás mamás e ós papás. Todas e todos se atribúen un papel do ámbito familiar e logo actúan como tales.

Unha curiosidade, tanto as nenas como os nenos están embarazados de xemelgos ou de trillizos.

SESIÓNS DE CONTACONTOS

Realizamos dúas sesións de contacontos, unha en Augapesada e outra en Bugallido. O libro elixido para esta ocasión foi “ELMER”.

Elmer é un elefante como todos os demais, pero con unha pequena diferencia, e é que ten a pel de mil cores diferentes. Azul, verde, amarelo, vermello… Pero a Elmer no lle gusta ser diferente e embárcase nunha aventura para poder ser gris como toda a súa manada. Este conto ensina ás nenas e ós nenos os valores do respecto e a tolerancia á vez que lles inculca que ser diferente non é nin mellor nin peor, soamente é iso, diferente.

Para rematar o contacontos, pintamos nunha lámina o noso Elmer.