Contacontos

Esta semana en Augapesada e Bugallido, a sesión de contacontos foi a cargo do libro “Maruxa”. Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa decide dar unha lección ao seu marido Pepiño. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

Para rematar esta sesión de contacontos e coincidindo coa semana do Libro, fixemos unhas chapas e imáns con distintos debuxos do día do libro e do noso conto “Maruxa”.

VOLVEMOS DESPOIS DUNS DÍAS DE VACACIÓNS

Durante este último mes, no comedor de Ortoño as nenas e os nenos tiveron varios días de descanso para disfrutar das vacacións de Semana Santa.

Antes de coller os días de descanso, no comedor de Ortoño as rapaces e os rapaces continuaron coas súas rutinas sobre a alimentación e os hábitos de hixiene durante a primeira hora de comedor.

Xa na segunda hora, as pequenas e os pequenos pasaron o tempo entreténdose con xoguetes ou practicando a pintura con ceras. Dependendo das condicións meteorolóxicas, hai días nos que puideron saír o patio e outros nos que se entretiveron dentro do comedor escolar.

E agora toca volver á rutina coas pilas cargadas e con ganas para alimentarse adecuadamente, pasalo ben e, sobre todo, pasar tempo en compañía das súas amigas e dos seus amigos.

3,2,1: ESCULTURA

Moi boas familias! Neste segundo día no colexio Monte dos Postes o alumnado tivo a oportunidade de explorar o extraordinario mundo da escultura.

En primeiro lugar falamos sobre que é a escultura e que esculturas coñecemos na nosa contorna, logo realizamos un obradoiro no cal explotaron toda a súa creatividade realizando a súa propia escultura, e comprobamos que son uns grandes artistas. Rematamos a mañá: saltando, movéndonos  e correndo peroooo cando paraba a música había  que quedar quietos e quietas como estatuas.

Sen dúbida, foi unha mañá chea de diversión na cal aprendemos mentres pasamos grandes momentos.

Semana Santa en Santiago de Compostela

VIAXE A TRAVÉS DAS ARTES. PRIMEIRA PARADA:PINTURA

Iniciamos viaxe a través das artes no Concilia Semana Santa que se realiza no colexio Monte dos Postes.

En este primeiro día, centrámonos na pintura, o alumnado convirtiuse en pequenas e pequenos artistas recreando obras de famosos pintores. Para logo acabar facendo unha gran xincana artística, onde tiñan que atopar as pezas de coñecidas obras pictóricas.
Que tocará mañan?
Ahhhh….sorpresaaaa!!!
Estade atentas e atentos

 

 

 

CONVERTÍMONOS EN PINTORES NO RAÍÑA FABIOLA

Saúdos a todos e a todas dende o Raíña Fabiola no Concilia Semana Santa. No noso primeiro día, ademais de divertirse con moitos xogos, nenos e nenas tiveron ocasión de convertirse en auténticos pintores, intentando imitar algunha das obras máis famosas de artistas coñecidos por todos e todas. E hai que recoñecer  que pode ser que teñamos por aquí algún que outro artista en potencia. Mañá, dentro do noso programa Primaveira Artística, seguiremos coa escultura, a ver que tal se lles da.

CONTACONTOS “A FILLA DO GRÚFALO”

Esta semana tivemos sesión de contacontos en Augapesada e Bugallido, e o conto elixido foi “A Filla do Grúfalo”. Un conto donde temos un rato moi, moi listo, e unha “grufaliño” moi inqueda que precisa ver o mundo cos seus propios ollos porque non lle son suficientes os consellos que lle da seu pai.

Para rematar a sesión contacontos, fixemos un puzzle coa foto da pequena grufaliño.