CONTACONTOS

Esta semana foi a última sesión de contacontos, por este curso 2018-2019, nas parroquias de Augapesada e Bugallido.

O conto elixido para esta ocasión foi “CHOCOLATA”. Unha fermosa historia que fai un percorrido polos tópicos das costumes das persoas na sociedade, mentras que nós lembra o valor da amizade, o importante que é ter ilusións, pero sobre todo, fálanos da necesida de experimentar para aprender da nosa experiencia.

Rematamos esta sesión, realizando unhas chapas que luciran moi ben na nosa roupa.

Un saudo a todas e todos e ata a próxima.

O MES DE MAIO NO COMEDOR DE ORTOÑO

Neste penúltimo mes do curso académico 2018/19 , as nenas e os nenos participantes no comedor xa están esperando con ganas polo período de vacacións.

Aínda que neste mes, os días festivos  polas letras galegas e pola ascensión xa lles axudan a poder descansar para coller con forza a recta final do curso.

Durante este último mes, as nenas e nenos puideron distribuír o seu tempo de lecer tanto coloreando e tendo xogo libre como saíndo a desfrutar do parque.

Nos días nos que a chuvia estaba presente, as e os participantes estiveron dentro do comedor escolar coloreando e poñendo en marcha xogos imaxinativos como o de imaxinar que eran médicas e médicos.

Xa cando o sol saía entre nubes, as nenas e nenos acudían ao parque situado ao aire libre e desfrutaban, sobre todo, co xogo colectivo de 1,2,3, chourizo.

Comeza a recta final…

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No día de hoxe, con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas, as veciñas e os veciños do Concello de Cuntis puideron desfrutar dun gran surtido de actividades; entre elas destacamos a realización dun obradoiro de elaboración de xabóns artesanais, outro de deseño de chapas, e ademais para as máis pequenas e pequenos un taller de maquillaxe.

Sen dúbida foi unha mañá, aínda que pasada por auga, moi entretida.

Contacontos

Para a sesión de contacontos en Augapesada e Bugallido eliximos o libro “A Sopa Queima”.

Pois sopra, filla, sopra”. No día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles parecen insuperables, aínda que os adultos osl vexan como algo nimio; neste caso, a sopa a unha temperatura imposible.

Rematamos a sesión facendo unha marioneta dunha formigiña, para que nós axude a soprar a comida cando queima mooooito.