LEMOS E XOGAMOS!

Amigos e amigas, continuamos unha semana máis  na bibliopiscina de Bertamiráns e xa case apiques de rematar o mes de xullo.

Nestes dias de bo tempo entretivémonos co pinta e colorea, a plastilina, os crebacabezas, a lectura de libros….que combinamos cos xogos de mesa; dos cales triunfa o barco pirata dos pingüíns xogo moi divertido onde hai que conseguir  manter o equilibrio de todos os pingüíns enriba do barco. Si aínda non o coñeces, acércate a botarlle unha partida, serás capaz de conseguilo?

Ata a vindeira semana bibliopiscineiras e bibliopiscineiros!

COÑECEMOS A JOSE

Esta semana coñecemos a mascota da bibliopiscina de Milladoiro, que resulta ser un mono chamado Jose, os nenos e as nenas debuxárono e pintárono o seu gusto. Tamén fixemos o torneo do xogo o rato e os gatos, que lles gustou moito.

TARDES DE XOGO EN TAPIA!

Estas calurosas tardes de verán, fixéronse moito máis levadeiras para @s usuari@s da Bibliopiscina de Tapia; xa que logo dun bo chapuzón puideron desfrutar dunha morea de enredos, así tanto os maiores como os pequen@s divertíronse con diversos xogos de mesa, con puzzles, xogos no xardín; tamén se leron cómics, e “Os Bolechas” e “O Gato Lambón” foron algúns dos libros que máis gustaron.

Un sinfín de cousas que seguiremos realizando ata finais de verán.

3,2,1…..INICIANDO BIBLIOPISCINAS AMES 2019

Amigas e amigos un ano máis comezamos o verán coa apertura das diferentes bibliopiscinas do Concello de Ames, co obxectivo de facer máis entretidas as tardes de piscina.

Estaremos os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións de Milladoiro e Bertamiráns de luns a venres, e na Praia Fluvial de Tapia de martes a domingo.

O servizo contará con todo tipo de actividades, lectura de libros e prensa, xoguetes, xogos de mesa, colorear debuxos…..

Así que entre chapuzón e chapuzón, déixate caer por alí.

NON O DUBIDES,ESPERÁMOSTE!!!!!