VERÁN DE LECTURA Á BEIRA DO RÍO

Nestas últimas tardes en Tapia, houbo moita animación á lectura, @s nen@s pasaron horas e horas lendo todo tipo de contos e cómics con temáticas ben diferentes de diversidade, de igualdade, de coidado do medio ambiente, de aventuras….

Incluso tivo lugar algunha espontánea sesión  de contacontos entre adult@s e nen@s na cal desfrutaron con “Chocolata”; “O home máis rico do mundo” ; “A verdadeira historia de Carapuchiña”; “ A eiruguiña comellona”; entre outras…..

Entre tanto, os máis peques distraéronse cos xogos de construcións e os distintos enredos no xardín. Sen esquecernos dos obradoiros de plastilina e xogos de mesa que seguiron a ser as actividades  preferidas  entre os mais maiores.