DÍA INTERNACIONAL DOS MERCADOS, 25 de maio

Día Internacional dos mercados comprar neles é garantía de bo servizo, atención personalizada, calidade así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, peixes, mariscos, hortalizas, que require unha dieta equilibrada e saudable.

Día Internacional dos Museos

«Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 do Día Internacional dos Museos que se celebra o 18 de maio de 2020.

Co tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan.

15 DE MAIO. DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias, A ONU considera que a familia é a unidade básica da vida social.
Foi en 1993 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 15 de maio de cada ano como o Día Internacional da Familia para crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación dos fillos.