SAMAÍN

E así se celebrou este ano unha das festividades mais arrepiantes do noso calendario!Disfrutamos con merendas monstruosas,con manualidades de velas terroríficas,divertímonos decorando con pantasmas, teas de arañas,morcegos,bruxas,bonecas asesinas,elaboramos cabazas….Unha chea de actividades….porque empregando en todo momento do uso mascarilla,a distancia de seguridade, individualización das actividades e sobre todo con moito sentidiño podense seguir realizando tarefas lúdico educativas.
Este ano teremos que celebrar as datas especias doutra maneira,pero,eso si…..sen perder nunca a ilusión!!

CONTOS E BRUXAS

E despois de contar un conto arrepiante, elaboramos unhas divertidas bruxas.
Seguimos con máis obradoiros e actividades, que non cho conten, anímate a vir. Estámoste esperando!!

EXPERIMENTANDO ANDAMOS!

No taller de ciencia divertida que fixemos en Órbita Infantil tocou experimentar e aprender dunha forma fácil,entretida e divertida o funcionamento dun volcán e ademais apreciar cómo se vería unha erupción volcánica…..