3,2,1: ESCULTURA
Moi boas familias! Neste segundo día no colexio Monte dos Postes o alumnado tivo a oportunidade de explorar o extraordinario mundo da escultura.
En primeiro lugar falamos sobre que é a escultura e que esculturas coñecemos na nosa contorna, logo realizamos un obradoiro no cal explotaron toda a súa creatividade realizando a súa propia escultura, e comprobamos que son uns grandes artistas. Rematamos a mañá: saltando, movéndonos e correndo peroooo cando paraba a música había que quedar quietos e quietas como estatuas.
Sen dúbida, foi unha mañá chea de diversión na cal aprendemos mentres pasamos grandes momentos.