ÚLTIMA SEMANA PASADA POR AUGA

Xa estamos na última semana do Campamento Urbano de Noia, danos moita pena despedirnos xa que pasamos un verán moi divertido e o tempo acompañounos moito para poder realizar moitas actividades polo entorno de Noia.
Esta última semana non tivemos tanta sorte pero aproveitámola moito facendo grandes xogos no pavillón, como unha clase especial de bodycombat, un xogo de cantar e bailar coñecido como Furor, e moitos talleres de bolos, bolas de malabares, camisetas e nudos mariñeiros.
Tamén tivemos unha visita moi especial dun voluntario da Cruz Vermella onde aprendemos todo o que hai que facer cando nos atopamos cunha urxencia.
Esperamos volver a reencontrarnos o verán que ben e poder desfrutar xuntos e xuntas de novo!!!!
O TEMPO NON VAI PODER CON NÓS
Nesta última queda do Campamento de Noia non imos ter moi bo tempo pero iso non impide que fagamos as nosas actividades e o pasemos ben igual.
Esta semana tivemos a visita da protectora de animais de Noia, A Arca de Noia. Ensináronnos uns gatiños que tiñan 10 dias de vida e outros dous que toparon abandonados e tamén estivo un can que nos fixo unha demostración da súa axilidade no parque para cans de Noia. Aprendemos moitas cousas dos coidados dos animais e concienciáronnos moito para non abandonar a ningún animal e sempre castrar as femias para que así non haxa tantos abandonos.
Esta semana tamén imos a ter unha visita da Cruz Vermella e xogaremos a unha Oca xigante onde intentaremos pasar moitas probas de axilidade.

ULTIMA SEMANA: SOBRERODAS E CON BO TEMPO

Seguimos no Campamento Urbán de Noia disfrutando do bo tempo e das actividades realizadas pola Vila de Noia. Esta última semana, da segunda quenda, disfrutamos dun paseo sobrerodas na que os nenos e nenas do Campamento trouxeron o seu patinete ou bici e fixemos unha pequena ruta e uns circuitos para disfrutar do día. Aproveitamos o bo verán que estamos tendo para seguir facendo xogos com auga que é o que máis lles gusta e fixemos unha enquisa donde elexiron o seu disfraz favorito para poder facer unha festa de despedida este venres e a elección foi o Circo, asi disfrutaremos do último día co disfraz que máis nos gusta e ca despedida que merecen estes nenos e nenas que tan bem se portaron nes ta segunda quenda do Campamento de Noia.
UNS DÍAS MOI MOVIDOS POR NOIA
Nesta segunda quenda do Campamento Urbán de Noia tivemos moitas actividades diferentes. Participamos nas clases de Zumba e Bodyjump que organiza a Concelleria de Deportes de Noia, fixemos unha ruta pola zona vella de Noia para identificar os edificios mais importantes que ten a Vila, tivemos unha visita moi especial da Policia Local de Noia donde nos falou de todas as medidas de seguridade, fixemos uns xogos de auga para combatir o calor e para rematar a semana camiñamos un pouco facendo a ruta dos Muiños.

BAILE, CALOR E AUGA

O 13 de Xullo empezamos ca primeira quenda do Campamento Urbán de Noia. Tocaromnos días de moita calor pero iso non impediu que fixeramos moitos xogos pola Vila de Noia. Fixemos Bodyjump na Alameda e Zumba no paseo maritimo e para refrescarnos mollamonos moito cunha guerra de auga e cun tobogán.
Os e as mais maiores foron de ruta ata a praia de Testal e os e as mais peques aprobeitaron moito o parque do paseo Maritimo. Mentres que os e as medianos e medianas fixeron oitos xogos de relevos e cordinación.
Na última semana fixemos moitos xogos relacionados coas Olimpiadas populares, donde os e as mais maiores fixeron un circuito de chapas e os e as peques e medianos e medianas fixeron uns circuitos de psicomotricidade.
Para rematar a quenda tivemos unha xinkana donde tiveron que facer moitas probas pola Vila de Noia e un taller de chapas para levar de recordo.