APOIO ESCOLAR

Ao longo da vida escolar, hai alumnos que pasan por momentos nos que teñen dificultades con algunha materia ou con parte do contido, polo xeral son problemas puntuais. Na maioría dos casos resólvense rapidamente.

Estes pequenos problemas pódense converter nun gran problema, senón se resolven pronto.

Nestes casos é recomendable unha axuda, unhas clases de apoio personalizadas, puntuais ou de longa duración destinadas a resolver as dificultades, sería a solución.

Por iso, o apoio escolar, é sobre todo axudar cos deberes e posta ao día do alumno. Contamos con persoal especializado, que non só axudará a que o alumno aprenda e comprenda, tamén se lles ensina a estudar e a utilizar técnicas de estudo.

Preparamos programas a medida de cada alumno, baseándonos nas súas necesidades e dirixido a conseguir os obxectivo propostos previamente.

Son clases personalizadas para cada alumno.