CELEBRACIÓN E EVENTOS

COMUNIÓNS

Sabemos que a Primeira Comuñón é un día moi importante para a familia, e en especial para xs seus protagonistas, que seguramente levarán esperando por ese día moito tempo, é por todo iso que debemos prepararnos nos para estar a altura do acontecemento e por todo dá nosa parte para que xamais esqueza esa data tan importante.

Desde Órbita Infantil, temos todo o necesario para facer dese día unha data inesquecible. Ofrecemos un amplo abanico de posibilidades en entretemento: xogos, xincanas, manualidades, photocall, karaoke…

En Órbita Infantil encargámonos de preparar esa celebración de principio a fin e a medida do seu ou da súa protagonista, celebres onde celebres, no teu domicilio, nun restaurante, nunha finca…. poñemos á túa disposición o noso mellor persoal para facer dese día unha data inesquecible para x protagonista e como consecuencia para a súa familia e todxs xs convidadxs.

OUTRAS CELEBRACIÓNS

Reunións familiares, bautizos, vodas, reunións de amigos… podémolas organizar ao voso gusto, os nenos e nenas disfrutarán e os maiores poderán ter uns momentos de tranquilidade, estando xs vosxs fillxs coidadxs.

Para calquera evento que queiras organizar ou celebrar, podedes contar connosco.