TALLERES
O obxectivo dos nosos talleres é “APRENDE XOGANDO”.
Os talleres infantís son un clásico dentro das actividades complementarias. Os nenos de diferentes idades poden facer unha actividade á vez que aprenden e desenvolven as súas habilidades.
ÓRBITA ten un equipo de monitores con coñecementos específicos para cada taller e conta co material necesario para realizalo.
E ÓRBITA ten tamén unha gran variedade de talleres adaptados a todas as idades.
Temos talleres temporais e atemporais. As épocas do ano convídannos a cousas concretas que o noso equipo plasma en forma de taller específico.
A modo de exemplo mencionamos algunhas das ideas sobre as que se poden facer e facemos talleres.
- Adornos do Nadal.
- Manualidades con tea.
- Taller de Samaín.
- Xogos teatrais.
- A paz e a non violencia.
- Taller de pintura.
- Taller de plastilina.
- Instrumentos musicais.
- Tatuaxes.
- Cociña divertida.
- Elaboración de velas, xabón…
- Globoflexia.
- Cadros con follas secas.
- Decoración de camisetas.
- Botes de sal de cores.
- Maquillaxe e caracterización.
- Chapas e broches.
- Cerámica.
- Reciclado.
E calquera outro tema que se nos poida ou se vos poida ocorrer.
DÁNOS A TÚA IDEA E NÓS POÑÉMOLA EN MARCHA