Augapesada e Bugallido

CONTACONTOS AUGAPESADA: “TINTA DE LUZ”
“Luz de tinta na pel / tinta de luz no papel”: un exercicio de confluencia artística entre a palabra a a imaxe que non esquece o factor lúdico, imaxinativo e escintilante que axuda a ver as cousas doutra maneira, ou tal vez, como verdadeiramente son.
Rematamos o contacontos decorando o debuxo de un arlequín con gomets de diferentes formas e cores.
CONTACONTOS BUGALLIDO: “O CATAVENTOS”
Por culpa do fachendoso galo Don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non podem vivir en liberdade na aldea.
A envexa e ambición que sinte son tan grandes que o levarán á soidade máis absoluta.
Rematamos o conto construindo o noso propio cataventos.