Ventín

UN POUCO DE TODO

09/06/17

Esta semana en Ventín  adicámola a facer actividades no exterior. Todos os días comezámos con tempo libre dentro do comedor para que fixeran o que quixeran: xogos de mesa, pintar,figuras de plastilina, lectura…

Unha vez rematado o almorzo saímos fóra e realizamos actividades no exterior:  cadea, pilla, mariola, fútbol…

Con todas estas actividades pasou a semana voando.

Sopa de letras de emocións

24/05/17

En Ventín comezamos unha semana máis curta do normal leendo. O martes realizamos un xogo  coñecido como “sopa de letras de emocións,” os nenos e nenas divertíronse moito buscando as dez emocións escondidas na sopa de letras. Por último,  disfrutamos do bo tempo e os rapaces e rapazas  xogaron  ó aire libre.

UN POUCO DE TODO

19/05/17

Comezamos a semana en Ventín pintando. Ao seguinte día tocounos lectura e coma é costume no noso cole formamos un grupo de nenos e nenas para que representasen un libro. O mércores non houbo clase xa que se celebrou o día das Letras Galegas.

Volvemos o xoves ao colexio e decidimos xogar ás imitacións, os nenos e nenas tiñan que mediante a mímica imitar un animal ou unha película e os seus compañeiros adiviñar que animal ou película era. Para rematar a semana deixámoslle tempo libre no exterior para que eles xogasen  ao que quixeran.

UN POUCO DE TODO

12/05/17

Comezamos a semana en Ventin como e costume pintando.O martes estivemos entretidos xogando ós xogos de mesa e como sobrou algo de tempo tamén aproveitamos para facer un concurso de adiviñas. O mércores comezámolo con lectura e acto seguido os nenos e nenas ofrecéronnos unha representación dun libro, estivo moi ben e divertímonos moito. O día seguinte deixamos voar a súa imaxinación facendo diversas esculturas de plastilina. Por último como e costume en Ventin os venres puxémoslle unha película que foi seleccionada por eles mesmos.

DÍA DA NAI

05/05/17

Comezamos esta semana pintando e aproveitando o bo tempo, deixámoslle o final da mañá libre para que xogaran fóra. Ao seguinte día fixemos xogo  ao aire libre xa que facía moita calor. O xoves realizamos un concurso de adiviñas para agudizar o enxeño dos nenos/nenas e por último o venres pintamos un debuxo cunha frase bonita sobre a súa nai por un lado do folio e a receita da nai perfecta polo outro . Cando finalizaron o debuxo, gardámolo nun sobre para regalarllo cada un a súa querida nai.

DEBUXANDO EMOCIÓNS

28/04/17

Comezamos a semana en Ventin pintando para logo facer  unha actividade coa que traballamos as emocións; consistía en dividir os nenos/as en grupos, un grupo  mediante a mímica tiña que lograr expresar unha  emoción ou sentimento que eu lle dicía ao oído e os restantes tratar de adiviñar a emoción da que se trataba. Debuxábana  e poñían o nome da emoción debaixo. Fixérono moi ben e gustoulles moito.

O resto dos días fixemos diversas actividades como por exemplo xogamos coa plastilina, utilizamos os xogos de mesa, leemos … temos que facer unha mención especial ao “Bingo” no que os nenos/as divertíronse tachando números e intentando gañar os premios que tiñamos para o que tivera a sorte de rematar primeiro.

O AFORCADO

24/04/17

Esta semana en Ventin fixemos moitas actividades distintas e moi divertidas. Comezamos a semana pintando e a continuación xogamos ao xogo “aforcado”. O martes fixemos actividades de manualidades. O mércores continuamos a diversión primeiro lendo e a continuación realizando unha actividade de animación á lectura, mentres un neno lía un libro 6 compañeiros del representaban o que estaba lendo. Para os dous últimos días aproveitamos que estaba bo e se acercaban as vacacións de Semana Santa para deixalos xogar fóra e darlle tempo libre.

PINTURA E XOGOS

07/04/17

Esta semana en Ventin fixemos moitas actividades distintas e moi divertidas. Comezamos a semana pintando e a continuación xogamos ao xogo “aforcado”. O martes fixemos actividades de manualidades. O mércores continuamos a diversión primeiro lendo e a continuación realizando unha actividade de animación á lectura, mentres un neno lía un libro 6 compañeiros del representaban o que estaba lendo. Para os dous últimos días aproveitamos que estaba bo e se acercaban as vacacións de Semana Santa para deixalos xogar fóra e darlle tempo libre.

MURAL DA PRIMAVERA

31/03/17

Esta semana en Ventín dedicámola sobre todo a rematar o mural da primavera que estivemos pintando. Fixémolo entre todos e divertímonos moito, ademais ao finalizar o mural comprobamos con moita satisfacción que nos quedou moi bonito. Para finalizar a semana como é costume adicámolo ao cine.

UN POUCO DE TODO

17/03/17

Esta semana en Ventín fixemos diversas actividades, como é costume comezamos a semana pintando. O Martes ademáis de xogar a xogos de mesa aproveitamos o bo tempo e saímos a disfrutalo. O Mércores comezamos a preparar o mural que estamos facendo para celebrar que dentro de pouco empeza a primavera. Xoves deixámoslle tempo libre e tamén aproveitamos o bo tempo pa deixarlles saír un pouco fóra antes de comezar coas clases. Por último,  o venres continuamos co filme que estamos vendo. Foi unha semana moi entretida na que os nenos e nenas se divertiron moito.

CINE NO DÍA DA MULLER

10/03/17

Esta semana en Ventin comezámola pintando, o seguinte día come e costume divertímonos todos e todas xogando a variados xogos de mesa. O Mércores foi un día especial xa que se celebrou o día internacional da muller. Este día fixemos unha actividade distinta para celebralo, primeiro explicamos porque o 8 de Marzo e o día internacional da muller e despois debatimos sobre o tema. A continuación puxémoslle cortos sobre o machismo e a igualdade nas tarefas domésticas. O Xoves houbo unha folga e viñeron poucos nenos e nenas así que lle deixamos tempo libre. Para finalizar a semana puxemos un filme novo o cal lle encantou aos cativos.

CINE E MÚSICA

03/03/17

Esta semana foi curta pero moi intensa en Ventin, para voltar ao colexio con bo pe despois de estas mini-vacacións comezamos o día contándonos como foi o entroido e deixamos o resto do día libre para que os nenos e nenas se divertiran con libros, xogos de mesa, pintando, etc.

O segundo e último día de esta semana utilizámolo para rematar o filme que estabamos vendo antes de ir para o entroido. Os nenos e nenas divertíronse moito con este filme e xa están esperando moi inquietos o próximo.

ANTROIDO

24/02/17

Esta semana en Ventín preparámonos para gozar do entroido.
Un dos días fixemos unha actividade moi entretida na que os cativos aprenderon moitas palabras típicas do entroido en Galiza e o seu significado. O xogo consistía en facer xirar unha ruleta e dependendo a letra que saíra nós dabamos unha definición e eles tiñan que adiviñar de que palabra se trataba.
Para finalizar a semana disfrazámonos cos nenos e fixemos un obradoiro para pintar as caras ós nenos e nenas que quixeran.

Manualidades

13/02/17

Esta semana en Ventin fixemos actividades distintas para cada día. O luns por exemplo comezamos pintando, os nenos e nenas divertíronse moito coloreando debuxos, que levaron para casa ao finalizar.
Outra das actividades que fixemos foi manualidades con plastilina, nesta ocasión cada neno elaborou creativamente o que quixo: coches, casas, animais etc. Quedaron moi bonitas e divertíronse moito construíndoas.
Para finalizar a semana tocou ver unha película.

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

03/02/2017

Esta semana en Ventín realizamos diversas actividades, comezamos a semana pintando. Os nenos/as entretivéronse coloreando varios debuxos que tiñamos gardados.
Entre outras actividades realizamos unha para traballar as emocións, consistía en ter que colorear ou debuxar dous sentimentos como eles quixeran (nunha cara do folio a alegría e noutra a tristeza). Gustoulle moito e pasárono moi ben, nesta actividade demostraron a súa creatividade e imaxinación.
Para acabar a semana deixámoslle tempo libre para que fixeran o que máis lle gustara, algúns xogaron a xogos de mesa, outros pintaron, leron etc.

SEMANA DE XOGOS EN VENTÍN

27/01/2017

Comezamos a semana coma e costume pintando, o Martes dedicámolo aos xogos de mesa, divertímonos moito e competimos cos nosos compañeiros pero sempre con deportividade e compañeirismo.
Continuamos a semana con varias actividades diferentes e moi emocionantes, da que máis disfrutaron os nenos e nenas foi o “bingo”. Tachaban os números con nerviosismo e moi contentos, por suposto tiñamos gardados varios agasallos para os gañadores.
Por último finalizamos a semana coa filmación “Wall-E”, este robot tenro gañouse os corazóns dos cativos.

Traballamos coa imaxinación e a creatividade

20/01/2017

En Ventin comezamos esta semana pintando algúns debuxos que nos quedaran sen pintar en Decembro.

O Martes fixemos actividades de lectura, e para finalizar a mañán contamos entre todos e todas un conto no que deixamos traballar a nosa imaxinación e creatividade, ao final quedounos unha historia divertida e moi creativa.

Para rematar os días que nos quedaban realizamos diferentes actividades :  xogos de mesa, xogos dirixidos…

Comezando o novo ano en Ventín

13/12/2017

Esta semana comezamos en Ventin o novo ano con enerxías renovadas.

O primeiro día dedicámolo a compartir cos nenos as súas experiencias durante as festas de Nadal: a que dedicaran o tempo, os agasallos que recibiran de Papa Noel e os Reis Magos, os viaxes que realizaron coas súas familias…  A Conclusión: Todos os nenos e nenas disfrutaron moito das vacacións!

Nos días seguintes deixámoslles tempo para pintar, xogar con xogos de mesa, pero tamén realizamos manualidades como a realización de avións de papel, despegando a súa imaxinación e facendo voar toda a súa creatividade.

Rematámola semana con cine. Coma sempre, tras a súa visualización debatiremos sobre o filme.

Ventín

22/12/2016

Esta semana en Ventin pasámolo de marabilla: decoramos a árbore, acabamos o Papa Noel articulado e celebramos as vacacións de nadal ao grande bailando música do Nadal.
Por último só quédanos desexarvos a todos felices festas.

Ventín

12/12/2016

Esta semana en Ventin aproveitamos que se achega o nadal para realizar actividades relacionadas con elas. Neste caso pintamos, recortamos e furamos un Papá Noel articulado. Tamén aproveitamos para finalizar de visualizar a película que estabamos a ver antes das vacacións de nadal.

Ventín

06/12/2016

Esta semana en Ventin realizamos un exercicio relacionado coa programación, puxémoslles diferentes cancións de música clásica e eles tiñan que expresar que lle cara a sentir cada canción, ao día seguinte debatemos sobre as emocións e sentimentos que lle provocaron. Tamén houbo tempo para xogos e baile.

Ventín (11.11.16)

Esta semana en Ventin hicimos muchas cosas divertidas, entre ellas jugamos al tutifruti y también leímos cuentos los cuales tenían que representar los propios niños. Como todas las semana nos reímos  mucho en bos días.

Ventín (04.11.16)

Comezamos Novembro en Ventin cunha semana máis curta do normal ao volver despois da ponte. Aínda así aproveitamos estes poucos días para divertirnos en Bos días cole, para iso estivemos a ver unha película en versión cinema na cal estivemos todos atentos porque despois de finalizar de ver a película imos  debater que valores positivos e negativos foron capaces de diferenciar.