Agro do Muíño

FIN DO CURSO

27/06/2017

E rematou o curso….pasou voando!Sen dúbida foi un ano marabilloso,con nenos e nenas encantadores,participativos,alegres..en fin que os vamos a botar moito de menos!Para rematar,deixanosvos ca foto da nosa Orla anual de Bos días Cole.Xa saben que se a queren descargar está na nosa páxina web!Sen máis…feliz verán a todos e todas!Unha aperta enorme!!!!

X está cerca a última semana

16/06/2017

Aquí estamos entrando na última semana de curso!!!! Que rápido pasou!! Esta semana foi principalmente lúdica!!! Fixemos xogos, algunha que outra manualidade e ainda tivemos tempo para grabar o noso «videoclip oficial» do Bos días Cole de Agro! Elaborado íntegramente polos nenos e nenas!!! Moi pronto verá a luz!!! Estade atentos e atentas!!! Sen máis, ata a semana!!!!

VIDEO MUSICAL

09/06/2017

Moi bos días a todos e todas! Aquí estamos outra semana máis e cada vez queda menos para rematar! Esta semana entre todas as actividades que realizamos, cabe destacar unha moi especial….un super video musical!!!! Estade atentos e atentas que en nada verá a luz!!!Sen máis,boa fin de semana a todos e todas!

SEMANA CULTURAL

2/06/2017

Hola a todos e todas!Esta semana tocou a semana cultural, que estivo chea de actividades!Visionamos un corto sobre prexuicios, fixemos animación a lectura co conto da cebra Camila e ainda houbo tempo para realizar manualidades, entre outras unha pulseiras chulísimas! Sen máis,ata a semana!

Curta e papiroflexia

24/05/2017

Hola a todos e todas!Remata unha semana super corta!!! Aínda así, chea de actividades!!! Vimos unha curtametraxe, fixemos papiroflexia e hoxe rematamos con Disco Party!!!Corta pero intensa! A desfrutar destas «pequenas vacacións!».Bicos e abrazos!

A Galiña Azul

19/05/2017

Hola a todos e todas!Remata unha semana super corta!!! Aínda así, chea de actividades!!! Vimos unha curtametraxe, fixemos papiroflexia e hoxe rematamos con Disco Party!!!Corta pero intensa! A desfrutar destas «pequenas vacacións!».Bicos e abrazos!

A Galiña Azul

19/05/2017

Moi boas a todos e todas! Unha semana máis aquí estamos de novo! Esta, algo máis corta co festivo que tivemos. Principalmente as actividades que realizaron os nenos e nenas de Bos días Cole, xiraron en torno ao día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares. Lemos a súa obra «A Galiña  azul» e fixemos unha pequena representación teatral. Os/as máis pequenos e pequenas elaboraron unha galiña,con témperas. Para rematar, tivemos a «Disco party» de todos os venres!Bicos a todos e todas!

AS NOSAS CARETAS

05/12/2017

Hola a todos e todas!Aquí estamos unha semana máis!Sen dúbida unha semana chea de actividades!Visualizamos un corto, fixemos caretas con diferentes rostros (escollidos por cada neno e nena), os máis maiores fixeron unha sopa de letras con palabras relacionadas co estado de ánimo…e para finalizar a semana a disco party!!!!Moitos bicos a todos e a todas!

SEMANA CULTURAL

28/04/2017

Bos días a todos e todas!!!!

Aquí remata unha semana  máis,pero esta un pouquiño especial xa que remata o mes, e temos un día a maiores de descanso!Esta semana fixemos un montón de cousas! Recuperamos a «semana cultural ( a petición popular), fixemos unha representación teatral traballando as emocións, xogos grupais,manualidades,etc. Moitos bicos a todos e a todas!!!

Disco Party

21/04/2017

Moi boas!Aquí estamos de novo coas pilas recargadas despois das vacacións!Esta semana comezamos fortes, con moitas actividades!Vimos un corto sobre as emocións, fixemos un buzón de suxestións,un «ruidometro» para cando se descontrola o ruído, tamén pintamos mariposiñas….e como sempre, rematamos a, semana coa «disco party!».Boa fin de semana a todos e todas!

EMOCIONARIO

07/04/2017

Bos días a todos e todas familia! Esta semana previa as tan desexadas vacacións de semana santa os nenos e nenas estiveron moi ocupados. Realizouse un emocionario para que día a día cada neno e nena individualmente sinale que emoción sente; neste abordaranse tanto emocións que xa se traballaron como a sorpresa ou a alegría como outras que se van a abordar máis adiante como orgullo ou envexa. Así desta forma todos os días teremos presentes no comedor de Bos Días as emocións.

Pero tamén tivemos tempo para realizar xogos de parexas como ó xadrez ou ó dominó, xogos cooperativos como os puzzles ou actividades individuales  como a lectura de libros.
Agardamos pasen unhas felices vacacións que axuden a recargar as pilas para a volta o cole!

SEGUIMOS CAS EMOCIÓNS

31/03/2017

Moi boas! Aquí estamos de novo! Cada vez máis preto das vacacións! Como sempre,seguimos traballando coas emocións, a través de xogos,cortos…etc. pero esta semana queremos destacar a nosa «gran obra de arte» a demanda dos nenos e nenas de infantil! Un super parchis!!!!! Que teñades boa fin de semana!

A NOSTALXIA

23/03/2017

Moi boas!Aquí estamos unha semana máis os nenos e nenas de Bos Días Cole!Esta semana continúanos traballando as emocións (seguimos coa nostalxia) pero tamén tivemos tempo para outras actividades,como por exemplo, a do clásico «burriño», co cal xogaremos a próxima semana!Xa vos contaremos!Que teñades unha boa fin de semana ben abrigadiños e abrigadiñas!!!!

DÍA DO PAI

17/03/2017

Bos días!Aquí estamos outra semana máis!Os nenos e nenas de Bos Días Cole, esta semana entre outra cousas, estiveron traballando a manualidade para o  «Día do Pai,avó,tío,amigo…», unha particular medalla, bastante primaveral (como o tempo que nos acompaña estos días). Sen máis, boa fin de semana a todos e todas!

A NOSTALXIA

10/03/2017

Aquí estamos de novo!Esta semana comezamos a traballar unha nova emoción. Escollemos a «nostalxia» a través do noso debate semanal.Realizamos técnicas grupais para traballar dita emoción, lecturas, e diferentes xogos de distensión, para que non todo sexa traballar!Que teñades boa fin de semana!Saúdos!

REGRESO DE ANTROIDO

03/03/2017

Moi boas a todos e todas! Aquí estamos de volta despois dunha larga ponte de entroido! A semana foi moi cortiña, pero deunos para facer algún que outro xogo, principalmente en grupo, que xa botabamos moito de menos aos compañeiros e e compañeiras!!! Para a semana máis e mellor!Boa fin de semana!!!!

ANTROIDO

24/02/2017

Chegou o entroido e con el unha semana chea de actividades e  disfraces!!! Entre outras, fixemos unhas máscaras super chulas!!!E como non, cantamos e bailamos moito!!!Esperamos que teñades unhas boa ponte de entroido!!! deixamosvos  unha foto algo diferente!!! Os monis de Bos Días disfrazados!!!Bicos a todos e todas!!!

SEMANA DO AMOR

17/02/2017

Hola a todos e todas!Aquí estamos de novo!Esta semana, como foi a «semana do amor», aproveitamos para traballar dita emoción. Para iso, realizamos os nosos debates de sempre (entre pequenos e maiores), diferentes técnicas grupais…en canto a manualidades (tamén tocaron), elaboramos un marcapaxinas moi orixinal!para rematar….a «disco party!»Bicos e abrazos!!!

AS EMOCIÓNS SON AS PROTAGONISTAS

10/02/2017

Moi boas a todos e todas! Aquí estamos unha semana máis!e cada vez máis preto do entroido!Esta semana no Bos días Cole de Agro, fixemos un montón de actividades!Visionamos un anaco da película «Al revés»para logo debater e falar das emocións, xogamos ao «Bingoeduca» unha modalidade de Bingo educativo, que se xoga por equipos compostos por nenos pequenos e maiores.Para finalizar a semana divertímonos coa nosa querida «Disco Party!». Feliz fin de semana a todos e todas!

SEMANA DA PAZ

03/02/2017

Estes cinco días da semana deron para traballar moito en Agro do Muíño. Un dos días, os nenos e nenas divertíronse moito preparando as mans da paz; entretivéronse calcando as súas mans formando un corazón e logo recortando e coloreándoas ao seu gusto! Que orixinal! Ademais tiveron tempo para o visionado dunha película sobre as emocións, na cal estaban abraiados e gustosos pois cando tocaba entrar a aula todos querían continuar véndoa. Ohhh!

Pero tamén tiveron tempo para realizar figuriñas de plastilina , utilizar xogos de mesa e como non descargar enerxía bailando o son da “disco party”.

Que sorpresas teremos para a semana…

Unha semana máis

27/01/2017

Xa termina o mes e non paramos de traballar en BOS DÍAS COLE! Esta semana os nenos e nenas de Agro estiveron encantados xogando ao bingo cooperativo, onde os maiores querían xogar cos máis pequenos e os peques estaban todos ilusionados por xogar. Esta foi unha actividade que axudou a que os nenos e nenas se integrasen e cooperasen.
Ademais, para rematar a semana puxémoslle un pouco de música o venres e celebramos a famosa ‘disco party’ , onde hoxe destacou ‘frozen’… Que emoción!

Unha semana máis

20/01/2017

Aquí estamos de novo! outra semana máis que marcha….e con ela, todas as actividades que estivemos facendo en torno a emoción que comezamos a semana pasada, que si recordades era o asco. Pero non só iso, tamén tocou animación a lectura, xogos con plastilina, debuxo, xogos tradicionais e un gran xogo en grupo «Tú sí que vales». Como vedes, non paramos de facer cousas! Moitos bicos a todos e todas!

De volta de novo!

13/01/2017

Aquí estamos outro ano no Bos día Cole Agro do Muíño! Despois dun merecido descanso, voltamos con máis forza que nunca! Retomamos o traballo coas emocións, e decidimos que esta vez lle tocaría a unha un pouco desagradable…o asco!!! a semana pasou entre  debates, técnicas grupais, xogos…. para a próxima máis e mellor! saúdos a todos e todas!

Disco Party

09/12/16

Como ben sabedes esta semana pasou voando con tanto festivo!Pero para a nosa «disco party» tivemos tempo. A semana que ven volveremos á rutina, pero esta vez xa centrada no Nadal que está ao volta da esquina! Bicos e apertas para todo e todas!!!!

Menuda sorpresa! (segunda parte)

02/12/16

Moi boas amigos e amigas!Unha semama máis que marcha voando!Esta semana, no Bos días Cole de Agro, continuamos traballando as emocións, concretamente a sorpresa (que comezaramos a semana pasada). Para iso,creamos o «Dado das emocións».Foi elaborado polos máis maiores pero podemos afirmar que os máis pequenos o desfrutaron ben!Sen máis, que teñades unha boa semana, que será ben corta con tanto festivo!e ata a próxima!Bicos a todos e todas!

Menuda sorpresa!

25/11/16

Moi boas a todos e todas!Aquí estamos outra semana máis!Esta tocou traballar a sorpresa, que como ben sabedes, é un breve estado emocional resultado de algo inesperado.Como sempre, foron os máis maiores os que decidiron mediante asemblea traballar dita emoción. Empregamos diferentes técnicas grupais, xogos, role playing..e así pasamos a semana. Para rematar, baile e música!!!!Que teñades bo fin de semana!ata pronto!!!

O enfado!

11/11/16

Non é que esteamos enfadados ou enfadadas, senón que esta semana decidimos que a emoción a traballar ía ser o enfado. O luns, como todos, tivemos a nosa asemblea, onde os máis maiores planificaron a semana (escolleron a emoción a traballar, pensaron en actividades que lles gustaría realizar, contáronos anécdotas, etc.)  e os máis pequenos tiveron un contacontos e posterior debate.

A semana continuou coa realización de  diversas técnicas grupais, a elaboración da manualidade común que proximamente veredes, e tamén tivemos tempo para diferentes xogos de distensión, xa que non todo vai ser traballar a primeira hora do día.

Para finalizar e como todos os venres, tocou a tan desexada “disco party!”.

Unha semana máis que marcha voando! Para a que ven máis e mellor! Saúdos a todos e todas!

SEMANA CURTA

(2 – 4 de novembro)

Esta semana que pasou voando (debido os festivos que tivemos polo medio), os nenos e nenas de Bos días Coles de Agro do Muíño, decidimos tomala con máis relax. O mércores adicamolo a expresión artística,e dicir,a deixar voar a imaxinación e facer diferentes debuxos. O xoves a petición popular, realizamos diferentes xogos grupais,e o venres,coincidindo co final da semana, e para non perder o costume, tocou a tan desexada «disco party». Para a semana haberá máis e mellor, xa que retomamos o traballo coas emocións. Cal elixiremos para traballar? Pronto o saberedes!Boa semana a todos e todas!

COMENZAMOS CON ALEGRÍA

(17-21 de outubro)

Moi boas!Xa remata unha semana máis, e con ela, chegamos a metade do mes! Comezamos a traballar as emocións, que é do que trata a programación de este ano do «Bos Días Cole». O luns mediante asemblea, decidimos que a emoción a traballar sería a alegría.Falamos do que é a alegría, fixemos diferentes xogos para identificar todo o que a rodea (situacións que nos deparan alegría, que facer para acadar dita emoción…etc.) Unha vez ben identificada,decidimos plasmar o aprendido nun debuxo, que pasará a formar parte dun concurso que estamos a organizar!Para rematar a semana, como todos os venres, tivemos a nosa «disco party» que como sabedes encántanos!
Para a próxima semana máis e mellor! aínda que sabendo que nos estamos aproximando o Samaín…creo que a emoción que van escoller está ben clara!Un saúdo a todos e todas!!!

DISCO PARTY

Os nenos e nenas do Bos días Cole de Agro do Muíño, retomamos unha vella costume que nos encanta! A disco party!Todos os venres, e para despedir a semana, cantamos e bailamos todos xuntos ao son de diferentes músicas e coreografías!Pequenos e maiores desfrutamos deste pequeno momento de diversión, que para cerrar a semana, senta xenial!

VOLTA AO COLE! (12/09/2016)

Os nenos e nenas de Agro do Muíño comezan un novo curso escolar, e con el, o «Bos días Cole» .Volven coas pilas recargadas e con moitas ganas de reencontrarse cos vellos amigos. Sen dúbida, espéranos un novo curso escolar cheo de aventuras e emoción!
img_20160916_090339

img_20160916_090421