E.E.I. MILLADOIRO

FIN DE CURSO

27/06/2017

Hoxe chegamos a Bos Días Cole de Milladoiro máis contentos do habitual, por fin remata o cole e comezan as vacacións de verán!  Ademais de felicidade tamén estabamos un pouco tristóns porque xa non nos íamos ver todos os días e os máis maiores marchan para outro cole.

Aínda así aproveitamos esta semana para facer unha morea de cousas divertidas, entre outras cousas rematamos os dados das emocións que comezaramos a semana pasada, tiveron tempo libre, vimos a Pantera para rematar o último día e, por últim,o desfrutamos con música e xogamos ás estatuas. Unha semana na que gozamos antes de irnos de vacacións.

Bo verán, boas vacacións e xogade e gozade tanto como poidades. Iso si portádevos sempre super ben como ata o de agora.

RECTA FINAL

16/06/2017

Unha semana máis no Bos Días Cole de Milladoiro e xa estamos a chegar ao final, ás nosas ansiadas vacacións de verán! Os nosos cativos están cheos de enerxía e por iso aproveitamos a semana para facer diferentes actividades.

Entre elas repasamos todas as emocións que vimos ao longo do ano: alegría, tristeza, medo, diversión, enfado, sorpresa… Con todas elas elaboramos un dado das emocións. Aínda non os rematamos de todo pero o que si temos claro é que lles quedaron super chulo.
Ademais disto tivemos lectura como todas as semanas. Neste caso limos o conto A tartaruga que quería durmir; vimos a Pantera Rosa, debuxamos e pinta os e, como non, xogamos moito.
Bo fin de semana a todos e descansade e colle de forzas para a última semana de cole!

SEMANA DE CONTO

09/06/2017

Unha semana máis no Bos Días Cole de Milladoiro e, pouco a pouco, vanse aproximando as vacacións de verán. Aínda así nós queremos aproveitar ao máximo o tempo que nos queda e por iso fixemos unha morea de actividades coas que o pasamos moi ben e gozamos dun rato divertido e ameno mentres os nosos cativos non entran no cole.

Durante esta semana fixemos, como cada semana, debuxos e xogos con plastilina mentres non rematan todos de almorzar. Despois en canto a actividades dirixidas limos o conto El magnífico plan del lobo, onde se falamos do enxeño que mostrou o lobo para tenderlle unha trampa as ovellas, pero despois foron estas quen lle deron unha lección ao lobo. Tamén aproveitamos para xogar a un novo xogo chamado o director da orquestra, aos animais e, por último, tamén gozamos, como non,  de novos capítulos da Pantera, entre outras actividades.

Damos así por finalizada unha semana máis, moi bo fin de semana a todos!

COMEZAMOS NOVO MES

02/06/2017

Está semana no Bos Días cole de Milladoiro despediamos o mes de maio e dabamos a benvida a xuño. Os nosos rapaces estarán a dicir por fin! Aínda que o pasan moi ben. Desta forma aproveitamos a semana para facer algunhas actividades e tamén para preparar cousiñas de cara á fin de curso.

Entre as actividades realizadas estivo a lectura como cada semana. Nesta ocasión limos o conto Queres xogar comigo?, e falando de xogar… tamén gozamos de xogos dirixidos, así como no tempo que teñen libre pintaron, leron, xogaron ca plasti… E xa por último como cada venres, vimos novos capítulos da Pantera Rosa polo que os cativos estiveron super atentos!

Damos así por rematada unha semana máis no EEI Milladoiro, moi boa fin de semana a todos!

Hay una vaca en la nevera

24/05/2017

Esta semana o Bos Días Cole fíxosenos moi, moi curtiña co motivo da festividade da Ascensión, que se celebrará mañá, e aínda por riba co bo tempo os nosos nenos estaban moi animados.

A pesar disto aproveitamos a semana para facer algunha das cousas que máis nos gustan: pintar debuxos cheos de cores, xogar a plastilina, ver a Pantera Rosa e tamén escoitamos o conto de Hay una vaca en la nevera.

GALIÑAS AZUIS POR TODOS OS LADOS

19/05/2017

Nesta semana a EEI de Milladoiro encheuse de moreas de galiñas azuis de todos os tamaños, materiais e formas co motivo da festividade do Día das Letras Galegas en homenaxe ao autor Carlos Casares. No Bos Días Cole non quedamos atrás, e aproveitamos tamén a semana para facer actividades relacionadas co día das Letras Galegas. Para iso collemos o conto da Galiña Azul e limos o relato de Leoncio e a Bomba da Felicidade.

Despois aproveitamos a semana, que se nos fixo máis curta co festivo polo medios, para xogar, pintar e ver novos episodios da Pantera Rosa. Terminamos así unha semana máis no Bos Días Cole de Milladoiro. Deica ao luns e bo fin de semana!

O COCODRILO NAMORADO

12/05/2017

Unha semana máis do Bos Días Cole de Milladoiro e chegamos así ao ecuador do mes de maio. Durante estes días os nosos cativos fixeron moitas das actividades que máis lles gustan durante o tempo que teñen libre: xogar aos animais, pintar debuxos de sereas, animais, coches, coroas… e  xogar, por suposto, coa plastilina…

En canto a actividades dirixidas nesta semana tivemos a lectura do Cocodrilo namorado co cal os rapaces pasaron un momento ameno e riron polas cousas que lle pasaban a Cocodrilo. O mércores fixemos un taller de origami, onde fixemos o cadeliño que se ve na foto. Os rapaces dobraron o papel ata conseguilo e despois pintaron cadanseu ao seu gusto, atopándonos así cans de todas as formas e razas, chegáronse a ver ata dálmatas.

Damos por finalizada unha semana máis no EEI Milladoiro, deica a semana que ben e pasade un moi bo fin de semana!

O GATO LAMBÓN

05/05/2017

Esta semana dábamos comezo ao mes de maio cheos de enerxía e de ganas de pasalo ben no Bos Días Cole de Milladoiro. Aínda que tivemos un día festivo ao comezo da semana puidemos facer diferentes actividades. Iso si, o tempo pasásenos voando!

Aproveitamos estes catro día para facer a nosa lectura semanal; nesta semana limos o conto de O gato lambón onde os nenos botaron unhas gargalladas xuntos. A parte diso deunos tempo a debuxar e pintar cadanseu os seus debuxos, xogar a plasti, ver novos episodios da Pantera Rosa así como xogar e gozar de outros xogos.

Despedimos así a primeira semana de maio, descansade e pasade un moi bo fin de semana!

AMIZADE

28/04/2017

Rematamos  abril, mes dedicado aos amigos e aos sentimentos que nos apegan a eles. Para coñecer un pouco máis en que consiste a amizade lemos o conto Ser amigos… Os rapaces escoitaron atentamente e contaron as súas propias anécdotas e experiencias sobre os seus amigos.

Despois aproveitamos a semana para xogar un pouco. Todos xuntos xogamos a adiviñar animais onde saíron de todo tipo: domésticos, salvaxes e, incluso, históricos. Tamén aproveitamos para xogar ao Veo Veo e por suposto ver uns capítulos máis da Pantera.

Agora toca descansar cun día máis de vacacións para todos, bo fin de semana a todos!

XOGOS E LECTURA

24/04/2017

Nestes días voltamos ao Bos Días Cole de Milladoiro despois das vacacións de Semana Santa cheos de forza e enerxía, aínda que o madrugón nos custaba un pouquiño. Aproveitamos esta curta semana para seguir a falar da amizade. Desta vez cada un dos nosos nenos debuxou aos seus amigos co fin de crear un pequeno mural.

Despois tamén realizamos outras actividades: tocou lectura como todas as semanas co conto Inés ao revés; tamén puidemos movernos e bailar un pouco ao xogar as estatuas e por suposto a nosa super actividade dos venres: a Pantera Rosa.

AMIZADE

7/04/2017

No Bos Días Cole Milladoiro comezamos un novo mes e con isto experimentabamos unha nova emoción: A AMIZADE!

Os nosos cativos saben moi ben en que consiste a amizade e soubérono explicar moi ben. Para afianzar un pouco máis a concepción de amigo e de amistade aproveitamos para ler dous contos desta temática:

· A sopa máis rica do mundo: na que vimos a xuntanza entre varios animais do bosque pola nevarada e como entre todos elaboraban unha saborosa sopa chea de ingredientes secretos. Estes non eran máis que a amizade e o compañeirismo.

· E despois limos o conto de O zapateiro na que un cativo chamado Xermán axudaba a unha morea de animaliños os cales lle pedían unha morea de zapatos para todos os animaliños do bosque.

Despois como cada semana aproveitamos para divertirnos pintando, xogando coa plasti e, por suposto, vendo a Pantera Rosa da cal gozan cada día máis e non se perden nin un segundo!

FOGAR DULCE FOGAR

31/03/2017

Estes días no Bos Días Cole de Milladoiro fixemos multitude de actividades. Entre elas rematamos o taller que comezaramos a semana pasada sobre as emocións. Ese xogo do que só nos queda cortar unha parte e xa está listo para expresar como nos sentimos.

Amais aproveitamos a semana para ler o conto de “A toupiña que non sabía quen lle fixera iso na cabeza” co cal os rapaces riron ata escachar; xogamos ao teléfono avariado e comezamos un novo filme Home: fogar dulce fogar.

Con tal variedade de actividades pechamos o mes de marzo. Un mes que dedicabamos ao sentimento da vergonza e da timidez que sentiamos ante novas situacións e que nos fan poñer da cor dos tomates!

A PRIMAVERA

23/03/2017

Aínda que o tempo non nos acompañara co frío e coas folerpas, esta semana daba comezo unha nova estación: a primavera. Aproveitamos desta forma a semana para preparar o noso mural, que aínda temos que seguir preparando, cheo de flores e de cores vivas que nos transmiten os sentimentos da primavera: alegría e felicidade.

Ademais quedounos tempo para realizar outras actividades, entre elas acabamos de ver o filme Del revés, o cal comezaramos a semana pasada, escoitamos as aventuras da galiña Cocorina, pintamos, xogamos e desfrutamos como cada venres da Pantera Rosa.

DEL REVÉS

17/03/2017

Chegamos xa a metade do mes de marzo e facémolo, como sempre, con moita enerxía e experimentando cada vez máis coas emocións.

Durante  esta semana as emocións volveron ser protagonistas no Bos Días Cole de Milladoiro a través da película Inside Out (Del revés), un filme de Pixar que ten por protagonistas a uns debuxiños que se corresponden coa alegría, tristeza, ira, temor e desgusto. Aínda non a rematamos… pero tende por seguro que para a vindeira semana rematarémola.

Amais aproveitamos a semana para comezar a facer unha actividade coa que continuaremos nos próximos días que consiste na creación dun pequeno xogo co que os pequenos van expresar as súas emocións. Para iso o pasado xoves comezaron a pintar e a debuxar cadanseu as súas cariñas enfadadas, tristes, alegres… témolas de todos os tipos e cores!

NOVAS EMOCIÓNS

10/03/2017

Esta semana dábamos paso a coñecer e experimentar unha nova emoción: a vergonza. Xunto con ela tamén aproveitamos a falar da timidez. Isto faciámolo a través da imaxe dunha ovella tosquiada, a cal sentía vergonza porque as demais a miraban dunha forma diferente. Xuntos compartimos opinións sobre como se sentía a ovella e algúns deles explicaron situacións nas que pasaban vergonza.

Ademais aproveitamos a semana para celebrar o 8 de marzo, día no que se celebraba o día da muller traballadora. Para iso os cativos foron participes dun pequeno mural no que pintaron como os artistas que son!

PANTERA ROSA

03/03/2017

Esta semana chegamos cheos de enerxía no Bos Días Cole de Milladoiro despois das vacacións de Entroido. Aínda que a semana fora máis curta aproveitamos para facer algunhas das actividades que máis gustan aos nosos cativos. Entre elas ver a Pantera Rosa! Cada vez estamos máis afeccionados a este debuxo animado que tanto nos fai rir coas súas aventuras.

ANTROIDO

24/02/2017

Hoxe os traxes de cores e estampados animais chegaron á escola dende moi cedo. Desta forma dabamos comezo as vacacións de Entroido, aínda que este xa se instalara no centro dende o pasado luns. Despedimos así o mes de febreiro, mes cheo de amor por parte dos rapaces e tamén cunhas merecidas vacacións.

Desfrutade, xogade e pasade un moi bo Entroido.

SAN VALENTÍN

17/02/2017

Din que o amor e a amizade teñen moitos beneficios para axudar a saude: produce unha mellora nas nosas defensas, diminúe os niveis de estrés e o risco de enfermidades do corazón, ilumina a pel, danos vitalidade, fainos estár mais guapos e guapas e aumenta a nosa autoestima.  Por todo esto, na E.E.I. do Milladoiro, gústanos moito darnos abrazos moi moi amorosos.

SEMÁ DE CONTACONTOS

10/02/2017

Esta semana puidemos ler dos contos: “Así es mi corazón”, un conto adicado ás emocións e os sentimentos dos nenos e nenas, para que as recoñezan en todas as súas formas e cores. Ós nenos e nenas encantoulles e dounos pé para falar de sentimentos e emocións.
O segundo conto foi, ” De que color son los besos?”. Algunha vez pensaches de que cor é un beso?. Mínimoni si, e así o expresa en esta preciosa historia bonita, terna e entrañable.

MES DO AMOR

03/02/2017

Este mes, no Bos Días do Milladoiro, vamos a adicalo ó AMOR.
Falamos do que é esta emoción aplicada as nosas vidas. Todos, en xeral, dicían o mesmo:
– Sentían amor pola familia (país, irmáns,
avós, primos…)
– Sentían amor polos amigos
– Sentían amor polas súas mascotas.
Todo isto despois de escoitar unha peza de música “Sueño de Amor”. En silencio e cos ollos cerrados, sentindo o que a música quere transmitirnos e escoitando no noso interior as emocións que a música desperta en nós.
Por último, debuxamos e pintamos uns corazóns para decorar o noso comedor.

EL PEQUEÑO HIAWATHA

27/01/2017

Esta semana visualizamos un pequeno curtametraxe educativo sobre valores e emocións; “El pequeño Hiawatha”. Un clásico de Disney que conta a historia dun pequeno guerreiro indio que vai cazar ó bosque e ten que poñer a proba a súa valentía, os seus medos e as súas habilidades. Unha bonita historia onde atopamos:
A sensación que experimentamos cando nós enfadamos.
A inocencia e a bondade infantil, a solidariedade.
A valentía e o valor como virtudes positivas.

CANDO ME ENFADO!!!!

20/01/2017

Esta semana os nenos e nenas do Bos Días Cole Milladoiro dixeron: “o sol tamén ten frío!!!”, pois facémoslle un gorro de inverno.
Por outra banda, este mes adicámolo Ó Enfado (as emocións), e por isto leeimos o conto de “NO”, un Rinoceronte que cando di que No, perde moitas oportunidades de pasalo ben.

CHEGOU O INVERNO

13/01/2017

A volta o cole do Milladoiro, despois das vacacións de Nadal,  foi tranquila e coa ilusión do comenzo do novo ano.
Esta semana, aproveitamos, para facerlle uns gorros de inverno, os nosos emoticonos que representan as distintas emocións.

BO NADAL CON ILUSIÓN

16/12/16

Todas as nenas e nenos do Servicio Bos Días Cole do Milladoiro, desexamos un BO NADAL a todos e todas. Que non perdamos nunca a ILUSIÓN!!!

MES DE ILUSIÓNS

06/12/16

Empezamos novo mes e sen dúbida é un mes de ILUSIÓN. Por iso na E.E.I. do Milladoiro, vamos adicarlle Decembro, a emoción da Ilusión.
Unha das grandes Ilusións son os Reis Magos, e por iso esta semana contámolo conto de ” Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis”.

O ARTE DE DEBUXAR A ALEGRÍA

25/11/16

Despois de observar un debuxo que representa a alegría, as nenas e nenos, fóronnos contando o que puideron apreciar do debuxo. Xurdiron moitas ideas sorprendentes!!!!. Nesta semana, tamén cada nena e neno, debuxou a súa versión da lámina da Alegría, e saíron verdadeiras obras de arte.

BAILAMOS CON ALEGRÍA

18/11/16

Esta semana traballamos a emoción da alegría cunha peza musical que nos transmitía ese sentimento. Moita alegría!!!!!!

SEGUIMOS CON ALEGRÍA NO MILLA

11/11/16

Esta semana xogamos a “ser chinos que íbamos de excursión a unha granxa de animais”. Tivemos  que falar chinés  “chinchouchanchinnn” no autobús pillamos moitos baches, curvas, pendientes e frenazos. Cando chegamos  a granxa vimos todo tipo de animais que tivemos que imitar; paxariños, galiñas poñedoras, burros, vacas, o can pastor,… Foron moitas moitas risas

EEI Milladoiro: (04/11/2016)

Semana cortiña!!! por eso empezamos o  mes de Novembro con ALEGRÍA. Contamos o conto do ” O Gato que non Rie”, xogamos a reírnos coas carcajadas “ja, je, ji, jo, ju” e escoitamos a canción do “Monstruo de colores”.

EEI Milladoiro: (28/10/2016)

Que ben o pasamos esta semana!!. Rematamos o noso Mural de Outono cos Emoticonos, leemos un conto de Vampiros, cantamos a canción dos “Esqueletos” e xogamos moito moito.

EEI Milladoiro: (21/10/2016)

Esta semana falamos  do “medo”. Para eso leemos o conto “Quen lle ten medo Caperuchiña Vermella?”. Tamén cantamos a canción dos “Esqueletos” e xogamos moto.

EEI Milladoiro: (13/10/2016)

Mentras uns vamos almorzando os outros xogamos coa plastilina, cos peluches, con xoguetes ou pintamos.

EEI Milladoiro: (10/10/2016)

No Servicio Bos Días da  E.E.I.do Milladoiro,  dámoslle a Benvida o Outono con emoticonos que expresan distintas emocións a través da pintura.

EMPEZAMOS CON FORZA: (12/09/2016)

Empezamos o Cole na E.E.I. do Milladoiro e polo tanto, o Servicio de Bos Días Cole.
Aquí estamos, collendo forzas para afrontar esta semana de inicio con moitas ilusións.
Benvidos a todas e todos!!!!!.
20160914_082225-1