A MAÍA

A MAÍA: (16/06/2017)

Semana adicada ao tempo de lecer e entretenemento con visualización de películas de debuxos, recunchos con xogos de mesa e actividades no patio exterior.

A MAÍA: (09/06/2017)

Aproveitando que é final de curso e o bo tempo, adicamos estos días a disfrutar dos xogos de mesa e xogos no patio.

A MAÍA: (02/06/2017)

Para rematar o mes de maio seguimos a traballar a emoción do medo. Os nenos e nenas debuxaron os seús medos particulares e introducíronnos nunha caixa. A finalidade da actividade e que canto mais conscientes somos dos nosos medos, mais  sinxelo é superalos.
E para comezar Xuño, levamos a cabo unha master class de zumba.

A MAÍA: (24/05/2017)

Adicamos estos tres días a rematar o mural de Interculturalidade, xogos de mesa e saimos ao patio aproveitando o bo tempo.

A MAÍA: (19/05/2017)

Conmemoramos o Día das Letras Galegas adicado a Carlos Casares, lendo cos nenos e nenas fragmentos da súa obra “A Galiña Azul”. Por outra banda, continuamos cas emocións e traballamos o medo mediante dous contos: “Fiz, o colecionista de medo” e “O Zampón”.

A MAÍA: (12/05/2017)

Seguimos profundizando nas emocións. De ahí que esta semana traballemos o medo mediante o famoso cadro de Edvard Munch “O Grito”. Cada neno e nena realizou unha interpretación moi persoal de dita obra.rcho.

A MAÍA: (05/05/2017)

Semana de preparación de agasallos para o día da nai. Elaboraron un posavasos con motivos frutais feito con corcho.

A MAÍA: (28/04/2017)

Seguimos traballando as emocións, nesta ocasión a ira, visualizando dous curtos relacionados co tema. Ademais os nenos e nenas participaron nun taller de animación á lectura onde os maiores leron algúns contos aos mais pequenos.

A MAÍA: (21/04/2017)

Semana curta de volta das vacacións. Os nenos e nenas de Bos Días a Maía, elaboraron un marca-páxinas de rato para conmemorar o próximo 23 de abril, Día do Libro.

A MAÍA: (7/04/2017)

Comezamos a semana con xogos de mesa e contos, para continuar nos días posteriores traballando a Pascua. Elaboramos coelliños feitos en cartulina e gomaeva, recheos con moedas de chocolate.

A MAÍA: (31/03/2017)

Comezamos a semana con xogos de mesa, para continuar cunha actividade de  animacion á lectura e  unha sesión de relaxación, posto que continuamos traballando a calma.

A MAÍA: (23/03/2017)

Continuando coa programación, esta semana traballamos a calma a través dunha sesión de ioga infantil. A maiores puxémonos mans a obra coa decoración  primaveral do comedor elaborando un balcón con flores

A MAÍA: (17/03/2017)

A Calma foi a emoción que traballamos nos primeiros días desta semana a través do cadro do pintor francés Georges Seurat, titulado ” Tarde de domingo en la isla de la Grande Jatte”.
De seguido fixeron unha manualidade para festexar o día do pai.

A MAÍA: (10/03/2017)

Conmemoramos o Día Internacional da Muller, confeccionado unha “Mariquita” en cartón cas  vestimentas propias de profesións variadas: policía, médico, astronauta, avogada…

A MAÍA: (03/03/2017)

Volta das vacacións de Entroido. Adicamos o xoves a unha relaxada xornada de xogos de mesa e o venres proxección dunha película para rematar esta curta semana.

A MAÍA: (24/02/2017)

Esta última semana elaboramos o libro do “Coello Branco” con pictogramas e así traballar a emoción relacionada con este mes, e ao mesmo tempo conmemorar o día do Asperger.
O resto da semana adicámola ao Entroido levando a cabo un obradoiro de antefaces.
E o venres, para rematar, festa con disfraces e música.

A MAÍA: (17/02/2017)

Esta semana celebramos o día da Amizade e Amor con duas actividades diferentes. Por unha banda un mural con forma de corazón de bicos dos nenos e nenas e por outra, fixeron unha interpretación persoal do cadro de Gustav Klimt “El Beso”.

A MAÍA: (10/02/2017)

Comezamos o luns colocando o mural sobre o espazo.
Seguindo a programación proposta, este mes adicámolo a traballar a amizade. De aí que esta semana visualizamos varios curtos sobre o tema.
E para os mais pequenos/as levamos a cabo un taller de animación á lectura para facilitarlles a comprensión.

A MAÍA: (03/02/2017)

O luns, os nenos e nenas traballaron nun taller colorista de plastilina adicado ao día da Paz. De seguido, fixemos unha sesión de animación á lectura onde os maiores leron contos aos mais pequenos/as. E para rematar a semana pintamos un mural sobre o espazo elborado a partires de material de refugallo.

A MAÍA: (27/01/2017)

Para conmemorar o Día da Paz, que se celebrará o vindeiro 30 de xaneiro, os rapaces e rapazas de Bos Días, traballamos nun mural e fixemos unha manualidade relacionada coa  temática, que levaron para a súa casa.

A MAÍA: (20/01/2017)

Continuamos coa decoración dos espazos logrando facelos máis atractivos os nenos e nenas do servizo Bos Días Cole.
Rematamos o dobre mural de animais e colocámolo nunha das ventás do comedor.
E para amenizar as mañás, tamén contamos cun tempo adicado aos xogos de mesa: crebacabezas, plastilina, contos, xadrez, parchís…etc.

A MAÍA: (13/01/2017)

De volta das vacacións de Nadal, adicamos o primeiro día a comentar cos nenos e nenas como viviron estas datas. De seguido comezamos ca decoración dos ventanais do comedor para facer máis acolledor o espazo para eles. Iniciamos a nosa actividade cun mural de animais.

A MAÍA: (16/12/2016)

Continuando coa temática navideña, os nenos e nenas do Bos Días Cole da Maía elaboraron un adorno para colgar na árbore das súas casas e unha postal para felicitar as Festas as familias dos usuarios deste  servizo.

A MAÍA: (09/12/2016)

Os nenos e nenas de Bos Días cole da Maía, nesta semana atípica, colocamos a nosa árbore do Nadal para ambientar o espazo do comedor.

A MAÍA: (02/12/2016)

Entramos no mes de decembro e como todos os anos comezamos coa ambientación do Nadal.  Os primeiros días centrámonos na árbore e de seguido no mural dos Reis Magos para a decoración na porta da entrada.

A MAÍA: (25/11/2016)

Co motivo da celebración do día mundial dos Dereitos do Neno, adicamos a xornada do luns a tratar a temática mediante os debuxos nos que eles reflectían o que entendían por ditos dereitos. Nos días posteriores rematamos o conto xigante do Montros de Cores. E como punto final da semana, decidimos en grupo cal vai a ser a decoración de Nadal deste ano. E por decisión dos nenos e nenas , pintamos unha cenafa para decorar o comedor.

A MAÍA: (18/11/2016)

Comezamos esta semana achegando aos nenos e nenas as principais emocións (medo, ira, alegría, tristura, calma e amor)a través do conto ” O Montro de Cores” para unha primeira toma de contacto con elas. Tamén adicamos parte da semana a elaborar un mural cos persoaxes da Patrulla Canina, e deste xeito traballar as artes plásticas cunha temática motivadora para eles e elas.

A MAÍA: (11/11/2016)

Esta semana adicámola a decorar o comedor cun mural ao tempo que disfrutamos dos xogos de mesa.

A MAÍA: (04/11/2016)

Esta semana rematamos o mural de outono, actualizamos o noso calendario e disfrutamos cos xogos de mesa.

A MAÍA: (28/10/2016)

Esta semana adicamonos a continuar co mural das catro estacions. E celebramos o Samaín elaborando, a partir de rolos de papel  hixienico, morcegos e gatos negros monstruosos.
Un saúdo

A MAÍA: (21/10/2016)

Esta semana rematamos o mural das normas, e comezamos a traballar o mural das estacions do ano.

A MAÍA: (10/10/2016)

Esta semana, unha vez que se reuniu ou grupo completo, comezamos a preparar ou decorado non que se reflectirán os aniversarios de cada neno e meniña.
Tamén aproveitamos ou venres para ver fragmentos dá película “Mascotas”

Primeiro día:(12/09/2016)
Comeza o servido de Bos Días Cole dando a benvida aos rapaces e rapazas de anos anteriores ás novas incorporación.