Divertímonos en Tapia

O tempo de calor xa comezou, e estas tardes fíxose máis levadeiro na bibliopiscina de Tapia, entre xogos, obradoiros e unha morea de cousas mais. Fixemos puzzles, lemos libros, cómics,divertímonos con xogos de mesa,debuxamos e pintamos e fixemos unhas bonitas flores que gustaron moito a nenas e nenos.

Bibliopiscina Ames 2017

IMG-20170705-WA0009Desde o  día 1 de xullo en Tapia, e o día 3 en Bertamiráns e Milladoiro demos o pistoletazo de saída as diferentes biblipiscinas coas que conta o concello de Ames.
Servizo destinado a toda a poboación infantil e mais xuvenil que se pase polas devantidas instalacións.Asique entre chapuzón e chapuzón,deixate caer por alí e faremos talleres,xogos,manualidades,animación á lectura….un montón de actividades moi divertidas.
Estaremos os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 a 20:00 horas, no Milladoiro e Bertamiráns de luns a venres, e en Tapia de martes a domingo.
NON O DUBIDES,ESPERÁMOSTE!!!!!

LER,XOGAR E NADAR

O pasado luns 4 de xullo deu comezo as Bibliopiscina de Bertamiráns. A súa duración prolongarase os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.

O servizo de Bibliopiscina é gratuíto,tanto para nais, pais,nenas e nenos. Ofrece diariamente obradoiros, contacontos, debuxos,xogos….sen esquecernos dos adultos aos cales tamén ofrece prensa, xogos de mesa, e préstamos de libro a toalla ou no mesmo recinto da Biblipiscina.

Si vas ata a piscina de Bertamiráns achégate ata a zona da Bibliopiscina a facernos unha visita,de seguro valera a pena e te DIVERTIRÁS E DISFRUTARÁS!!