VIAXANDO COA IGUALDADE EN TAPIA

Durante estes últimos días de agosto atópase un ano máis na bibliopiscina de Tapia o recuncho de “Viaxando coa Igualdade”, unha mochila viaxeira cargada de libros para diferentes idades, todos eles cunha temática que aborda a igualdade, inclusión, roles e estereotipos, e cos que tanto maiores coma pequen@s poderán reflexionar sobre valores moi necesarios para conseguir unha sociedade igualitaria.

Ademais seguimos desfrutando de largas sesión de xogos de mesa, diversas lecturas,  obradoiros de pulseiras e moito entretemento para os máis peques.

E non vos esquezades! Este último sábado de agosto vinde tod@s a desfrutar da festa de clausura das bibliopiscinas. Alí estaremos con moitas sorpresas!

FESTA DE CLAUSURA DAS BIBLIOPISCINAS AMES 2019

Moi boas amigas e amigos! pouquiño a pouco  e case sen darnos conta, estamos chegando o final do verán e con el  o remate do servizo das bibliopiscinas municipais de Bertamiráns, do Milladoiro e da praia fluvial de Tapia.

Por este motivo, queremos  agasallarvos  e convidarvos a todos e todas, tanto maiores como peques con un gran final, unha festa que se celebrará na praia fluvial de Tapia o sábado 31de agosto, en horario  de 16:00 horas a 20:00 horas.

NON O DUBIDES, ESPERAMOSTE!! Contaremos con unha chea de sorpresas, taller de maquillaxe e globoflexia, grandes xogos e ata un bingo…

Anímate a pasar unha tarde de festa á beira do río!.A diversión  estará asegurada.

MARCHA O SOL DA PISCINA.

Esta semana non fixo moi bo tempo, por isto non se achegaron moitas rapazas e rapaces as Bibliopiscinas. A pesar diso fixemos unhas flores para alegrar os días e tamén aproveitamos para sacar os xogos de mesa

VERÁN DE LECTURA Á BEIRA DO RÍO

Nestas últimas tardes en Tapia, houbo moita animación á lectura, @s nen@s pasaron horas e horas lendo todo tipo de contos e cómics con temáticas ben diferentes de diversidade, de igualdade, de coidado do medio ambiente, de aventuras….

Incluso tivo lugar algunha espontánea sesión  de contacontos entre adult@s e nen@s na cal desfrutaron con “Chocolata”; “O home máis rico do mundo” ; “A verdadeira historia de Carapuchiña”; “ A eiruguiña comellona”; entre outras…..

Entre tanto, os máis peques distraéronse cos xogos de construcións e os distintos enredos no xardín. Sen esquecernos dos obradoiros de plastilina e xogos de mesa que seguiron a ser as actividades  preferidas  entre os mais maiores.

LEMOS E XOGAMOS!

Amigos e amigas, continuamos unha semana máis  na bibliopiscina de Bertamiráns e xa case apiques de rematar o mes de xullo.

Nestes dias de bo tempo entretivémonos co pinta e colorea, a plastilina, os crebacabezas, a lectura de libros….que combinamos cos xogos de mesa; dos cales triunfa o barco pirata dos pingüíns xogo moi divertido onde hai que conseguir  manter o equilibrio de todos os pingüíns enriba do barco. Si aínda non o coñeces, acércate a botarlle unha partida, serás capaz de conseguilo?

Ata a vindeira semana bibliopiscineiras e bibliopiscineiros!

COÑECEMOS A JOSE

Esta semana coñecemos a mascota da bibliopiscina de Milladoiro, que resulta ser un mono chamado Jose, os nenos e as nenas debuxárono e pintárono o seu gusto. Tamén fixemos o torneo do xogo o rato e os gatos, que lles gustou moito.

TARDES DE XOGO EN TAPIA!

Estas calurosas tardes de verán, fixéronse moito máis levadeiras para @s usuari@s da Bibliopiscina de Tapia; xa que logo dun bo chapuzón puideron desfrutar dunha morea de enredos, así tanto os maiores como os pequen@s divertíronse con diversos xogos de mesa, con puzzles, xogos no xardín; tamén se leron cómics, e “Os Bolechas” e “O Gato Lambón” foron algúns dos libros que máis gustaron.

Un sinfín de cousas que seguiremos realizando ata finais de verán.

3,2,1…..INICIANDO BIBLIOPISCINAS AMES 2019

Amigas e amigos un ano máis comezamos o verán coa apertura das diferentes bibliopiscinas do Concello de Ames, co obxectivo de facer máis entretidas as tardes de piscina.

Estaremos os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións de Milladoiro e Bertamiráns de luns a venres, e na Praia Fluvial de Tapia de martes a domingo.

O servizo contará con todo tipo de actividades, lectura de libros e prensa, xoguetes, xogos de mesa, colorear debuxos…..

Así que entre chapuzón e chapuzón, déixate caer por alí.

NON O DUBIDES,ESPERÁMOSTE!!!!!

FINALIZA O COMEDOR NA ESCOLA UNITARIA DE ORTOÑO

Xa chegamos ao mes de xuño e con el damos por finalizado o período de comedor escolar da Escola Unitaria de Ortoño.

Durante este último mes, as nenas e os nenos estiveron do máis entretidos xogando no parque da escola logo de comer e realizar os hábitos de hixiene, xa que o tempo o permitiu.

Leváronse a cabo xogos de todo tipo, pero entre os máis pequenos os que máis destacan son os xogos imaxinativos e xogos tradicionais como o “pilla-pilla”.

Finalizamos dicindo que a empresa ÓRBITA INFANTIL quere agradecer ás e ós participantes que confiaron no noso persoal para facerse cargo deste traballo.

Moitas gracias por todo e esperamos que todo se desenvolvera segundo o esperado.

CONTACONTOS

Esta semana foi a última sesión de contacontos, por este curso 2018-2019, nas parroquias de Augapesada e Bugallido.

O conto elixido para esta ocasión foi “CHOCOLATA”. Unha fermosa historia que fai un percorrido polos tópicos das costumes das persoas na sociedade, mentras que nós lembra o valor da amizade, o importante que é ter ilusións, pero sobre todo, fálanos da necesida de experimentar para aprender da nosa experiencia.

Rematamos esta sesión, realizando unhas chapas que luciran moi ben na nosa roupa.

Un saudo a todas e todos e ata a próxima.