O MES DE MAIO NO COMEDOR DE ORTOÑO

Neste penúltimo mes do curso académico 2018/19 , as nenas e os nenos participantes no comedor xa están esperando con ganas polo período de vacacións.

Aínda que neste mes, os días festivos  polas letras galegas e pola ascensión xa lles axudan a poder descansar para coller con forza a recta final do curso.

Durante este último mes, as nenas e nenos puideron distribuír o seu tempo de lecer tanto coloreando e tendo xogo libre como saíndo a desfrutar do parque.

Nos días nos que a chuvia estaba presente, as e os participantes estiveron dentro do comedor escolar coloreando e poñendo en marcha xogos imaxinativos como o de imaxinar que eran médicas e médicos.

Xa cando o sol saía entre nubes, as nenas e nenos acudían ao parque situado ao aire libre e desfrutaban, sobre todo, co xogo colectivo de 1,2,3, chourizo.

Comeza a recta final…

Contacontos

Para a sesión de contacontos en Augapesada e Bugallido eliximos o libro “A Sopa Queima”.

Pois sopra, filla, sopra”. No día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles parecen insuperables, aínda que os adultos osl vexan como algo nimio; neste caso, a sopa a unha temperatura imposible.

Rematamos a sesión facendo unha marioneta dunha formigiña, para que nós axude a soprar a comida cando queima mooooito.

Contacontos

Esta semana en Augapesada e Bugallido, a sesión de contacontos foi a cargo do libro “Maruxa”. Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa decide dar unha lección ao seu marido Pepiño. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

Para rematar esta sesión de contacontos e coincidindo coa semana do Libro, fixemos unhas chapas e imáns con distintos debuxos do día do libro e do noso conto “Maruxa”.

VOLVEMOS DESPOIS DUNS DÍAS DE VACACIÓNS

Durante este último mes, no comedor de Ortoño as nenas e os nenos tiveron varios días de descanso para disfrutar das vacacións de Semana Santa.

Antes de coller os días de descanso, no comedor de Ortoño as rapaces e os rapaces continuaron coas súas rutinas sobre a alimentación e os hábitos de hixiene durante a primeira hora de comedor.

Xa na segunda hora, as pequenas e os pequenos pasaron o tempo entreténdose con xoguetes ou practicando a pintura con ceras. Dependendo das condicións meteorolóxicas, hai días nos que puideron saír o patio e outros nos que se entretiveron dentro do comedor escolar.

E agora toca volver á rutina coas pilas cargadas e con ganas para alimentarse adecuadamente, pasalo ben e, sobre todo, pasar tempo en compañía das súas amigas e dos seus amigos.

CONTACONTOS “A FILLA DO GRÚFALO”

Esta semana tivemos sesión de contacontos en Augapesada e Bugallido, e o conto elixido foi “A Filla do Grúfalo”. Un conto donde temos un rato moi, moi listo, e unha “grufaliño” moi inqueda que precisa ver o mundo cos seus propios ollos porque non lle son suficientes os consellos que lle da seu pai.

Para rematar a sesión contacontos, fixemos un puzzle coa foto da pequena grufaliño.

CONTACONTOS EN BUGALLIDO E AUGAPESADA.

Para estas sesións de contacontos eliximos o libro “A vaca que puxo un ovo”. Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as pitas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas “comadres” están seguras de que todo é unha gran mentira.

O final, sorprendente.

E para rematar as sesións, cada nena e neno, pintaron uns oviños como o que puxo a vaca Marjorie.

O COMEDOR DE ORTOÑO DIVÍRTESE XOGANDO

As nenas e os nenos do comedor da Escola Unitaria de Ortoño continúan coas rutinas á hora do xantar. Tras rematar o horario lectivo as máis pequenas e os máis pequenos collen os seus abrigos e as súas mochilas e dispóñense a ir ao comedor para comezar a xantar. Unha vez rematada toda a comida, lavan os dentes, recollen as súas pertenzas e xa están listas e listos para comezar a xogar.

A imaxinación é o recurso lúdico que máis soen utilizar, pois a esas idades a mente humana proporciona infinidade de propostas lúdicas, xa sexa con ou sen material. Un dos xogos que máis soan utilizar é xogar ás mamás e ós papás. Todas e todos se atribúen un papel do ámbito familiar e logo actúan como tales.

Unha curiosidade, tanto as nenas como os nenos están embarazados de xemelgos ou de trillizos.

SESIÓNS DE CONTACONTOS

Realizamos dúas sesións de contacontos, unha en Augapesada e outra en Bugallido. O libro elixido para esta ocasión foi “ELMER”.

Elmer é un elefante como todos os demais, pero con unha pequena diferencia, e é que ten a pel de mil cores diferentes. Azul, verde, amarelo, vermello… Pero a Elmer no lle gusta ser diferente e embárcase nunha aventura para poder ser gris como toda a súa manada. Este conto ensina ás nenas e ós nenos os valores do respecto e a tolerancia á vez que lles inculca que ser diferente non é nin mellor nin peor, soamente é iso, diferente.

Para rematar o contacontos, pintamos nunha lámina o noso Elmer.

O COMEDOR DE ORTOÑO DISFRUTA DO SOL

Neste mes de febreiro as nenas e os nenos do comedor da escola unitaria de Ortoño estivéronse entretendo realizando xogos tanto no interior do comedor como nas instalacións exteriores.

Antes de poñerse a xogar colleron forzas durante a comida e logo realizaron hábitos de hixiene como lavar as mans e os dentes para logo poñerse mans á obra.

Para entreterse, este grupo de participantes realizou xogos improvisados moi interesantes como simular ser mamás e papás e realizar as funcións que os proxenitores realizan no día a día.

E tamén xogaron ao “1, 2, 3, chourizo”, bailaron ao son de cancións populares con baile incluído,  tiveron sesións de cine…

Que ben o pasan!

CONTACONTOS “PACO PAPÁN”

Este luns en Augapesada e o martes en Bugallido tivemos sesión de contacontos co libro “PACO PAPÀN”.
Paco Papàn empéñase en atopar un traballo á súa medida e proba diferentes oficios, durante os setes días da semana, que indican o discorrer do tempo e o peche do ciclo en que se completa a independencia do protagonista.
Para rematar a sesión, realizamos un calendario semanal.