CONTACONTOS: “ANIMAIS DE COMPAÑÍA”

Este luns en Aguapesada e o martes en Bugallido, tivemos sesión de contacontos co libro “Animais de Compañía”.

Un libro pensado para divertir ás nenas e ós nenos, a partir de xogos de palabras que se forman cos nomes  dos animais que os veciños de Dona María, creen que leva nunha caixa.

Para rematar o contacontos, cada nena e neno, realizou un pequeno móvil cos animáis protagonistas; un caracol, un vagalume, un camaleón e unha vacaloura.

COMEZA UN NOVO ANO NA ESCOLA UNITARIA DE ORTOÑO

Logo de celebrar as festas de Naval, as e os asistentes ó comedor escolar de Ortoño volven a súa rutina diaria. Foron unhas vacacións moi necesarias para o descanso do 1º trimestre e para poder repoñer forzas de cara os seguintes meses de curso.

Durante o mes de xaneiro as nenas e os nenos puideron desfrutar da comida e logo de actividades de entretemento variadas. Como o tempo atmosférico o permitiu saíron ao parque da escola e realizaron xogos de imaxinación como imaxinar que eran dragóns, xogos cooperativos e xogos mixtos como no caso da construción de castelos de area ou tamén xogos de búsqueda como agochar un obxecto e que os demais integrantes a atopen.

Bo comezo de ano para todas e todos.

CONTACONTOS “ANTÓN E O APALPADOR”

Este martes estivemos en Bugallido co conto “Antón e o Apalpador”. Antón é un neno da cidade que viaxe ó Courel  para pasar o Nadal coa súa madriña. O que Antón non imaxina é a aventura que lle espera na viaxe, onde coñecerá misteriosos e fantásticos personaxes das fraguas, entre eles o Apalpador, un vello carboeiro  que na noite de Nadal baixa ás aldeas para apalpar a barriga das nenas e nenos a ver si comeron e deixarlles un montón de castañas na mesita de noite.

Rematamos o conto facendo o noso Apalpador.

O COMEDOR DE ORTOÑO CELEBRA O NADAL

Chegou o mes de decembro e con el chega o Nadal. Durante este último mes do ano 2018 as nenas e os nenos estiveron pintando e decorando diversos debuxos navideños que se utilizaron para decorar o seu comedor. Cada integrante pintou algún debuxo individualmente, pero tamén fixeron unha árbore en grupo.

Ademais desta actividade, as nenas e os nenos tamén realizaron xogos cooperativos e, sobre todo, xogos imaxinativos, por exemplo, imaxinaban que eran  médicas e médicos.

Unha vez ó mes, aproximadamente, tiveron unha sesión de cine na que puideron distraerse con debuxos animados. Que emoción!

E como non, mantiveron a súa rutina e estiveron comendo e realizando os hábitos de hixiene.

COMEZA A AVENTURA NA ESCOLA UNITARIA DE ORTOÑO

Durante este curso escolar estaremos prestando servicio no comedor da Escola Unitaria de Ortoño.  Esta iniciativa posta en marcha polas nais e pais tivo moi boa acollida entre os asistentes, posto que estan encantados.

Durante estes primeiros meses de clase tiveron tempo para coñecerse, comer e tamén para xogar. O que pretende en todo momento é que coman pero que tamén estean a gusto e se divirtan.

Como o tempo foi favorable estes días puideron gozar de tempo de lecer no parque da escola, desfrutando do aire libre e dos diversos xoguetes que se encontran nas instalacións.