Campamento de Nadal en Vilagarcía de Arousa

Voltamos outro ano máis ao Campamento de Nadal de Vilagarcía de Arousa, cargadas e cargados de enerxía, ilusión e ganas de xogar.

Nesta edición as nenas e os nenos realizaron diferentes obradoiros nos que fixeron adornos, instrumentos e xoguetes reciclados empregando a súa creatividade, mais non foi todo traballar, xa que realizaron xogos como o grinch, a orquestra ou a araña e shows artísticos a cargo do grupo “tremendo”, bautizado así por elas/es mesmas/os. Tamén houbo tempo para xogar aos inocentes na data da súa celebración.

Como é tradición, demos a benvida ao ano 2023, tomando as “uvas” ao son das campás, facendo unha festa rachada chea de bailes e xogos.

Ademais recolleron os seus desexos nunha carta destinada aos Reis Magos de Oriente.

Vémonos na próximas edicións do campamento, Feliz Ano 2023!!

RECUNCHOS DE NADAL

Órbita Infantil inicia dende hoxe, un ano mais, a súa proposta lúdica e pedagóxica para o programa de conciliación do Concello de Vilagarcía:  Campamento de Nadal.

Coa mesma ilusión de sempre, as crianzas coñecerán e xogarán nos “Recunchos de Nadal”, espazos de aprendizaxe e diversión dedicados á música, ás tradicións, aos personaxes, aos doces e aos obradoiros de Nadal.

As mañás destas vacacións de Nadal converteranse polo tanto, nun tempo para o enriquecemento da aprendizaxe das crianzas dun xeito dinámico, lúdico e participativo, co obxectivo de axudar na conciliación ás familias de Vilagarcía que o precisen.

Ludoteca Nadal Pontecesures

Comezamos con esta ludoteca o día 22 de decembro que durou ata o 31 de decembro. Durante estes días festivo os cativos e cativas puideron disfrutar de distintas actividades tematizadas co Nadal e os contos.

Algunhas das manualidades que realizaron foron as chemineas de Santa Claus, bolas de Nadal, postais, a Carta aos Reis Magos, campás, gafas de Fin de Ano.

Tamén levamos a cabo actividades deportivas como xogos que lle gustaron moito a cativada como o Pato pato cúa, escondite Inglés, a seta, a Xincana de Nadal e outras non tan deportivas como os xogos de cartas que foron o “uno” e o burro.

Asimesmo gorazon de diversos contos como “Mamá Noel” e “A vendedora de mixtos” e de películas como “Polar Express” e “Arthur Christmas: Operación regalo”.

Para despedir a ludoteca e o ano, reproducimos as badaladas de Fin de Ano con gusanitos e divertímonos cunha festa musical chea de bailes e xogos.

Esperamos que teñades un bo comezo de ano e cás vosas crianzas disfrutaran destes días connosco.

Nadalízate en Vilagarcía de Arousa

As nenas e os nenos do Campamento de Nadal de Vilagarcía de Arousa pouco lle teñen que envexar os elfos de Papá Noel, traballaron nunha chea de obradoiros onde crearon os seus propios adornos para a árbore de Nadal e para a porta das súas casas, ademais fixeron postais para desexar unhas felices festas ós seus seres queridos.

Pero non todo foi traballar, tamén xogaron nos exteriores do centro, onde se alternaron xogos máis pausados como a mímica, ioga ou as adiviñas con outros con máis movemento, como a pataca quente ou a tea de araña. Entre as diferentes actividades realizadas tamén puideron ver películas de Nadal, coñecer ós “Trasnos de Nadal”  e dar a benvida o ano 2022 cunha festa con cotillón, tomando as súas “uvas” coas badaladas do mediodía.

Vémonos nas próximas edicións do campamento. Feliz ano 2022!.

«Non hai planeta B»

O proxecto deste verán co nome “Non hai planeta B, achegará ás crianzas á educación ambiental, una poderosa ferramenta coa que contamos para axudarnos a avanzar na procura dun futuro que teña en conta o coidado do noso planeta.

Con actividades como: xogos, experimentos ou experiencias de ciencia, xogos na natureza, obradoiros, contos e xogos de rol; o noso obxectivo será tomar conciencia da gravidade do cambio climático á vez que cambiamos actitudes e comportamentos.

Con “Non hai planeta Bque mellor xeito de pasar o tempo de lecer que tendo a oportunidade de cambiar o noso estilo de vida, na procura dun mundo máis xusto e equilibrado con patróns de benestar como a solidariedade, a cooperación, a igualdade, o respecto aos dereitos humanos, á diversidade e á sustentabilidade.