CONTACONTOS “ANTÓN E O APALPADOR”

Este martes estivemos en Bugallido co conto “Antón e o Apalpador”. Antón é un neno da cidade que viaxe ó Courel  para pasar o Nadal coa súa madriña. O que Antón non imaxina é a aventura que lle espera na viaxe, onde coñecerá misteriosos e fantásticos personaxes das fraguas, entre eles o Apalpador, un vello carboeiro  que na noite de Nadal baixa ás aldeas para apalpar a barriga das nenas e nenos a ver si comeron e deixarlles un montón de castañas na mesita de noite.

Rematamos o conto facendo o noso Apalpador.

CONTACONTOS: «O MONSTRUO DE CORES»

O Monstruo de Cores non sabe que lle pasa.

Ten un lío coas  emocións e agora  tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida, que levou as nenas e nenos de Augapesada  ó fascinante mundo das emocións.

Rematamos o contacontos facendo o noso dado das emocións.