SEGUIMOS EN AULA MADRUGA DE AS NEVES

Pechamos un capítulo mais. Aínda que temos Entroido para rato.

As nosas nenas da Aula Madruga estiveron todo o mes preparándose para o Entroido e pasando xenial e compartindo momentos. E unha delicia estar así de ben e empezar con enerxía as clases. Por mil Entroidos xuntas.

 

Carnaval en Noia

Con motivo de festexar o entroido realizouse unha festa infantil no que os nenos e nenas puideron disfrutar de pintacaras para facer os seus disfraces mais increibles, globoflexia e hinchables todo esto amenizado por un increíble dj.

Un día increíble de carnaval inolvidable!

CHAPANTE

Dende fai unhas semanas acudimos a Cuntis para realizar un Chapante cos membros do programa Habilitas e as nenas do pobo. Hoxe despois de moito traballo e pasalo ben poñemos fin o noso Chapante.
Para quen non coñeza a figura do Chapante ímolo presentar brevemente:
É un mítico personaxe do Entroido de Cuntis, o cal visibiliza as críticas as persoas que optan por vivir de rentas e sen traballar.
O noso Chapante será presentado o vindeiro Venres 24 as 9 da noite, na famosa Gala do Chapante na OMIX.