EXPERIMENTANDO ANDAMOS!

No taller de ciencia divertida que fixemos en Órbita Infantil tocou experimentar e aprender dunha forma fácil,entretida e divertida o funcionamento dun volcán e ademais apreciar cómo se vería unha erupción volcánica…..

COAS MANS NA MASA

Cociñando una deliciosas e fabulosas galletas así é como pasamos a tarde do mércores en Órbita Infantil.

As nenas e os nenos que se animaron a asistir o obradoiro de cociña aprenderon a elaborar unhas galletas de mantequilla, apuntan maneiras para ser unhas e uns grandes chefs xa que lle saliron  ben ricas, non deixaron nin unhas migallas… A parte, de deixar toda a praza de Chavián cun arrecendo espectacular.

Seguimos con talleres de cociña. ¡APÚNTATE, NON ESPERES A QUE CHO CONTEN!

INICIANDO OBRADOIROS EN…3,2,1…. XAAAA

Amigas e amigos por fin comezamos cos obradoiros en Órbita Infantil co obxectivo central de pasar as tardes máis entretidas no medio desta situación actual que estamos a vivir.

Máis concretamente, estreámonos co  Obradoiro de Samaín. Entre as nenas e os nenos que asistiron elaboramos os primeiros pasos do que será nun final unha monstruosa e arrepiante cabaza de Samaín.

Sen dúbida, pasamos una tarde chea de diversión entre pinceis, cola, papeis, globos….

Aínda queda algunha praza libre non o penses máis e apúntate.

Ahhh!!!que tamén temos obradoiros de cociña e de ciencia divertida, ¡ANÍMATE! ¡NON O DUBIDES! ¡ESPERÁMOSTE! Pasarás una tarde diferente e moi divertida.