SAMAÍN EN CUNTIS!

Este luns, en Cuntis tivemos a sorte de celebrar o Samaín con un taller de máscaras terroríficas. Ademais, os nenos e nenas puideron pintar a cara ao seu gusto, para logo coa compañía dos pais/ nais e familia saír a unha procesión, onde percorremos lugares escuros de Cuntis coa iluminación de lanternas e candelabros.

TENEBROSA FESTA DE SAMAÍN!

O pasado venres 28, con motivo do Samaín, en Pontecesures realizouse unha festa para a súa celebración. Os nenos e nenas participaron no concurso de disfraces, e tamén no concurso de cabazas. Ademais, mentres os xoeces do concurso deliberan os gañadores, puidemos degustar dun rico chocolate quente e duns bailes moi divertidos, grazas a música elixida polo DJ. Por último entregaron os premios os gañadores e gañadoras, e un pequeno agasallo para todos e todas as asistentes.

COCIÑA DE SAMAÍN NA GALIÑA AZUL DE SIGÜEIRO

Pois si, nosos e nosas peques da galiña azul cociñaron por Samaín, e fixérono, por suposto, coa cabaza típica das datas.

Para empezar fixeron unha pequena cabaza con madalenas e crema de cabaza, aínda que algunha xa non chegou a casa, estaban tan boas!

Pero iso non foi todo! tamén as pantasmas quixeron facer acto de presenza para que non nos esquezamos que a noite de Samaín tamén eles saen a pasear, aínda que estes non daban nada de medo. Eran de masa de galleta con ollos de chocolate, así que no canto de sustos, deron máis dunha alegría.