CHAMAMOS AO SOL

Moi boas amigas e amigos das bibliopiscinas!

Unha semana máis,e xa apiques de rematar o mes de xullo, na Bibliopiscina de Bertamiráns fixemos un chamanento ao sol,xa que últimamente anda un pouco agochado; máis concretamente elaboramos un mural sobre o verán, e o cal adornamos coas chanclas decorativas que cada nena e neno pintou e adornou de xeito moi orixinal. Ademais, aproveitamos para ler contos e xogar con xogos de mesa e cos crebacabezas.

Parece que a nosa chamada causou efecto e nos esperan días de moita calor, asique esperámosvos a todas e todos nas bibliopiscinas de Ames, entre chapuzón e chapuzón acércate a nosa zona onde poderás ler, colorear, ou botarlle unha partida a un xogo de mesa.

Ata a vindeira semana bibliopiscineiras e bibliopiscineiros!