Contacontos
Esta semana en Augapesada e Bugallido, a sesión de contacontos foi a cargo do libro “Maruxa”. Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa decide dar unha lección ao seu marido Pepiño. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
Para rematar esta sesión de contacontos e coincidindo coa semana do Libro, fixemos unhas chapas e imáns con distintos debuxos do día do libro e do noso conto “Maruxa”.