O NOSO PERSOAL

Empezamos a traballar a principios  de 2003 ofrecendo un espazo onde, a través do xogo en todas as súas formas, apoiamos ás familias na educación dxs seus/súas fillxs.
Todo o persoal de Órbita Infantil conta con formación académica relacionada co mundo da educación. Temos desde diplomadxs en educación infantil, pedagogxs, psicólogxs, monitorxs de tempo libre, educadorxs…, formamos un equipo de expertos en educación
Desde o principio da nosa actividade estamos e seguimos formándonos e transformándonos para poder ofrecer aos/ás nosxs clientxs as últimas novidades en canto ao noso traballo se refire.
Contamos coas ferramentas necesarias para que Órbita Infantil sexa ese espazo que necesitades.
Ademais da cualificación e preparación profesional, o persoal de Órbita debe de ter e ten unha serie de cualidades e características persoais imprescindibles para desenvolver a súa función, estamos a tratar e axudando a educar nenxs.

O perfil que temos reúne a maioría destas cualidades que son:

  • Cordialidade e proximidade.
  • Autoridade e enteireza.
  • Paciencia.
  • Entusiasmo e entrega.
  • Humildade.
  • Facilidade de palabra.
  • Creatividade e decisión.
  • Abertx e reflexivx.
  • Capacidade de traballo.
  • Seguridade en si mesmx.

En canto a formación e preparación profesional, o noso persoal conta con:

  • Formación académica relacionada co mundo da educación.
  • Disposición para unha Formación continua e boa preparación.
  • Capacidade de investigación.
  • Habilidade manual.
  • Capacidade de organización e planificación.
  • Ser observador/a, creativx e orientador/a.
  • Ter capacidade avaliativa.
  • Motivador/a.
  • Responsable.