CONTOS E BRUXAS
CABAZAS DE SAMAÍN
Continuación do obradoiro de Samaín. Así de terroríficas nos quedaron as cabazas.
EXPERIMENTANDO ANDAMOS!
COAS MANS NA MASA
Cociñando una deliciosas e fabulosas galletas así é como pasamos a tarde do mércores en Órbita Infantil.
As nenas e os nenos que se animaron a asistir o obradoiro de cociña aprenderon a elaborar unhas galletas de mantequilla, apuntan maneiras para ser unhas e uns grandes chefs xa que lle saliron ben ricas, non deixaron nin unhas migallas… A parte, de deixar toda a praza de Chavián cun arrecendo espectacular.
Seguimos con talleres de cociña. ¡APÚNTATE, NON ESPERES A QUE CHO CONTEN!
INICIANDO OBRADOIROS EN…3,2,1…. XAAAA
Amigas e amigos por fin comezamos cos obradoiros en Órbita Infantil co obxectivo central de pasar as tardes máis entretidas no medio desta situación actual que estamos a vivir.
Máis concretamente, estreámonos co Obradoiro de Samaín. Entre as nenas e os nenos que asistiron elaboramos os primeiros pasos do que será nun final unha monstruosa e arrepiante cabaza de Samaín.
Sen dúbida, pasamos una tarde chea de diversión entre pinceis, cola, papeis, globos….
Aínda queda algunha praza libre non o penses máis e apúntate.
Ahhh!!!que tamén temos obradoiros de cociña e de ciencia divertida, ¡ANÍMATE! ¡NON O DUBIDES! ¡ESPERÁMOSTE! Pasarás una tarde diferente e moi divertida.
DÍA INTERNACIONAL DOS MERCADOS, 25 de maio
Día Internacional dos mercados comprar neles é garantía de bo servizo, atención personalizada, calidade así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, peixes, mariscos, hortalizas, que require unha dieta equilibrada e saudable.
Día Internacional dos Museos
«Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 do Día Internacional dos Museos que se celebra o 18 de maio de 2020.
Co tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan.
15 DE MAIO. DÍA DA FAMILIA
O 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias, A ONU considera que a familia é a unidade básica da vida social.
Foi en 1993 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 15 de maio de cada ano como o Día Internacional da Familia para crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación dos fillos.