OÍDO COCIÑA!

A cativada que participou na tarde de onte no obradoiro de cociña,aprendeu a facer unhas deliciosas magdalenas de chocolate e unhas saudables brochetas de froita.

EMPEZAMOS NOVEMBRO EN ÓRBITA

Comezamos a semana co taller de chapas, e así de bonitas nos quedaron, bótalle un ollo ás fotos.
Seguimos con máis obradoiros e actividades durante o mes de novembro; a que esperas para apuntarte?apuraaaa, non quedes sen a túa praza.

SAMAÍN

E así se celebrou este ano unha das festividades mais arrepiantes do noso calendario!Disfrutamos con merendas monstruosas,con manualidades de velas terroríficas,divertímonos decorando con pantasmas, teas de arañas,morcegos,bruxas,bonecas asesinas,elaboramos cabazas….Unha chea de actividades….porque empregando en todo momento do uso mascarilla,a distancia de seguridade, individualización das actividades e sobre todo con moito sentidiño podense seguir realizando tarefas lúdico educativas.
Este ano teremos que celebrar as datas especias doutra maneira,pero,eso si…..sen perder nunca a ilusión!!

CONTOS E BRUXAS

E despois de contar un conto arrepiante, elaboramos unhas divertidas bruxas.
Seguimos con máis obradoiros e actividades, que non cho conten, anímate a vir. Estámoste esperando!!

EXPERIMENTANDO ANDAMOS!

No taller de ciencia divertida que fixemos en Órbita Infantil tocou experimentar e aprender dunha forma fácil,entretida e divertida o funcionamento dun volcán e ademais apreciar cómo se vería unha erupción volcánica…..

COAS MANS NA MASA

Cociñando una deliciosas e fabulosas galletas así é como pasamos a tarde do mércores en Órbita Infantil.

As nenas e os nenos que se animaron a asistir o obradoiro de cociña aprenderon a elaborar unhas galletas de mantequilla, apuntan maneiras para ser unhas e uns grandes chefs xa que lle saliron  ben ricas, non deixaron nin unhas migallas… A parte, de deixar toda a praza de Chavián cun arrecendo espectacular.

Seguimos con talleres de cociña. ¡APÚNTATE, NON ESPERES A QUE CHO CONTEN!

INICIANDO OBRADOIROS EN…3,2,1…. XAAAA

Amigas e amigos por fin comezamos cos obradoiros en Órbita Infantil co obxectivo central de pasar as tardes máis entretidas no medio desta situación actual que estamos a vivir.

Máis concretamente, estreámonos co  Obradoiro de Samaín. Entre as nenas e os nenos que asistiron elaboramos os primeiros pasos do que será nun final unha monstruosa e arrepiante cabaza de Samaín.

Sen dúbida, pasamos una tarde chea de diversión entre pinceis, cola, papeis, globos….

Aínda queda algunha praza libre non o penses máis e apúntate.

Ahhh!!!que tamén temos obradoiros de cociña e de ciencia divertida, ¡ANÍMATE! ¡NON O DUBIDES! ¡ESPERÁMOSTE! Pasarás una tarde diferente e moi divertida.