O COMEDOR DE ORTOÑO DIVÍRTESE XOGANDO

As nenas e os nenos do comedor da Escola Unitaria de Ortoño continúan coas rutinas á hora do xantar. Tras rematar o horario lectivo as máis pequenas e os máis pequenos collen os seus abrigos e as súas mochilas e dispóñense a ir ao comedor para comezar a xantar. Unha vez rematada toda a comida, lavan os dentes, recollen as súas pertenzas e xa están listas e listos para comezar a xogar.

A imaxinación é o recurso lúdico que máis soen utilizar, pois a esas idades a mente humana proporciona infinidade de propostas lúdicas, xa sexa con ou sen material. Un dos xogos que máis soan utilizar é xogar ás mamás e ós papás. Todas e todos se atribúen un papel do ámbito familiar e logo actúan como tales.

Unha curiosidade, tanto as nenas como os nenos están embarazados de xemelgos ou de trillizos.