O MES DE MAIO NO COMEDOR DE ORTOÑO

Neste penúltimo mes do curso académico 2018/19 , as nenas e os nenos participantes no comedor xa están esperando con ganas polo período de vacacións.

Aínda que neste mes, os días festivos  polas letras galegas e pola ascensión xa lles axudan a poder descansar para coller con forza a recta final do curso.

Durante este último mes, as nenas e nenos puideron distribuír o seu tempo de lecer tanto coloreando e tendo xogo libre como saíndo a desfrutar do parque.

Nos días nos que a chuvia estaba presente, as e os participantes estiveron dentro do comedor escolar coloreando e poñendo en marcha xogos imaxinativos como o de imaxinar que eran médicas e médicos.

Xa cando o sol saía entre nubes, as nenas e nenos acudían ao parque situado ao aire libre e desfrutaban, sobre todo, co xogo colectivo de 1,2,3, chourizo.

Comeza a recta final…