Obradoiros Infantís da XXVI Festa do Lacón de Cuntis
Na tarde de onte, día Domingo 26 de febreiro, os pequenos e as pequenas de Cuntis puideron desfrutar de diferentes obradoiros infantís. Entre estes atopamos pintacaras, carteiras, imáns e marcapáxinas.
Con respecto a estes dous últimos poderíase dicir que foron unha estupenda oportunidade para que os pequenos e as pequenas deixasen voar a súa imaxinación, dando así lugar a unha gran variedade de deseños totalmente diferentes entre sí, que logo foron plastificados coa axuda dos monitores e monitoras.
Por último, o Pintacaras foi o punto final desta magnífica festa. A través deste os rapaces e rapazas puideron decidir o que querían ser por un momento, sen límites. Xurdiron así personaxes que ían dende supehéroes como Batman ou Spiderman, ata preciosas e delicadas bolboretas ou flores.
Se tivésemos que destacar algo ao longo da xornada, non cabe dúbida de que serían os risos, dos nenos, das nenas e incluso dalgúns pais e nais que se achegaron a compartir o obradoiro coas súas crianzas. Non saberíamos dicir quen o pasou mellor!