As asociacións de nais e pais teñen entre os seu obxectivos, axudar aos rapaces e aos pais a complementar a súa educación e ampliar o horario escolar dándolle unhas ferramentas de formación e diversión a través das actividades extraescolares.
Unha educación de calidade, debe ser aquela que responda ás novas demandas sociais de xeito eficaz, incidindo na socialización dos menores e mellorando a calidade da ensinanza, tanto dende o eido da educación formal como da non formal.
As actividades extraescolares e iniciativas puntuais deben ser entendidas como situacións que complementan e ilustran os procesos de ensinanza-aprendizaxe do alumnado. Incidindo, por tanto, na motivación como piar fundamental para a construción do seu propio coñecemento, adquirindo as ferramentas precisas para o desenvolvemento persoal, social e/ou futuro profesional.
Desta forma as actividades plantexadas, actúan, a súa vez, de ponte entre o ámbito académico e profesional; adquirindo un coñecemento dos distintos postos de traballo e perfís profesionais.
Os obxectivos son:
- Fomentar o desenvolvemento persoal dos participantes.
- Apoio e reforzo á educación regrada.
- Abordar e traballar os roles de xénero.
- Consolidar a participación a través de actividades de conciliación, como marco de convivencia positiva, de traballo conxunto e apertura á sociedade en xeral.
- Ensinar a xestionar e planificar o tempo como medio eficaz de conciliación da vida laboral, familiar e escolar.
- Potenciar e apoiar encontros entre nais e pais, fillas e fillos que sirvan de intercambios de información, experiencias e recursos para promover a igualdade de xénero.
- Formación en diferentes facetas da súa personalidade.
- Interesar ao alumnado no seu propio proceso educativo.
- Desenvolver un espírito crítico.
- Promover na Comunidade Educativa o sentido da responsabilidade e a colaboración.
- Actuar como elemento directivo do ocio.
- Promover en el alumnado un sentimento positivo de pertenza ao centro.
- Acadar unha maior autonomía e responsabilidade na organización do tempo libre.
- Desenvolver a autoestima dos nenos, nenas e mozos/as.
- Mellorar as relacións entre os alumnos e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
- Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade do alumnado.
- Posibilitar o acceso ás actividades culturais e deportivas a todos os nenos, nenas e mozos/as, ampliando o seu horizonte cultural.
A metodoloxía a empregar para acadar estes obxectivos ofreceranse distintos contextos ou escenarios nos que se dará especial relevancia a termos como a cooperación, o diálogo, a reflexión, o respecto, a tolerancia, etc. fomentando a participación das alumnas e dos alumnos nos seus propios procesos de aprendizaxe, priorizando os traballos en grupo, motivando a expresión libre e creativa das propias ideas e sentimentos, creando canles fluídas de comunicación na aula e abrindo as portas ás transformacións sociais precisas que contribúan á construción de contextos educativos.
As actividades extraescolares que a Empresa Órbita Infantil ofrece, están orientadas ao aprendizaxe de diferentes materias de forma lúdica, intentando ao tempo que os nenos e as nenas o interpreten coma un tempo de ocio.
A modo de exemplo propoñemos algunhas actividades:
- Música e movemento.
- Cociña.
- Inglés divertido.
- Teatro.
- Manualidades e pintura.
- Baile moderno.
- Informática.
- Animación a lectura. Contacontos.
- Técnicas de estudio.
- Actividades deportivas e predeporte.
- Horta escolar e educación ambiental.
- Obradoiros variados.
- Talleres de educación vial.
- Caixón desastre…… (todo aquelo que se nós ocorra).
As actividades extraescolares, deben contar con as duas vertente ,ademais das que acabamos de expoñer para os rapaces e rapazas, a outra e a de os país e nais.
Desde Órbita propoñemos unha actividade lúdica, formativa ESCOLA DE NAIS E PAIS. A través desta actividade podemos formar e formarnos, ademais de ser moi enriquecedora pois compartimos tempo, experiencias e coñecementos.
Temos tamén outro tipo de actividades tales como charlas coloquio, saídas en grupos, festas familiares…