BIBLIOPISCINA

Enmarcado dentro dos programas de animación á lectura e o seu obxectivo é manter o vínculo coa lectura en épocas estivais e de vacacións.

Preténdese que o usuario poida gozar da lectura alí onde estea; o sistema de acceso á bibliopiscina é similar ao da biblioteca convencional.

Como o seu nome indica, trátase de desprazar ata as piscinas públicas ou municipais parte dos fondos da biblioteca para que o usuarios tamén faga uso da lectura á vez que goza dun baño.

Dependendo da zona, o contido varia, pero polo xeral o 80% do fondo da bibliopiscina será para idade infantil/xuvenil e o 20 € restante para o público adulto.

A unión biblioteca+piscina fai que a lectura no verán sexa un éxito.

Ao redor desa biblioteca organízanse actividades de lecer relacionadas con temas de actualidade.

Algúns dos exemplos de actividades:

  • Contacontos.
  • Obradoiros.
  • Reciclaxe.
  • Xogos.

Estes programas son extrapolables a outros lugares que contan coas mesmas características que as bibliopiscinas pero cambia a localización Bibliopraias, bibliorio, bibliolago…. Cada un deles coa súa localización e perfil de usuario.
Mediante estes programas as persoas poden unir dúas accións importantes Mergullo e lectura.