ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Unha educación de calidade, debe ser aquela que responda ás novas demandas sociais de xeito eficaz, incidindo na socialización dos menores e mellorando a calidade da ensinanza, tanto dende o eido da educación formal como da non formal.

As actividades extraescolares e iniciativas puntuais deben ser entendidas como situacións que complementan e ilustran os procesos de ensinanza-aprendizaxe do alumnado. Incidindo, por tanto, na motivación como piar fundamental para a construción do seu propio coñecemento, adquirindo as ferramentas precisas para o desenvolvemento persoal, social e/ou futuro profesional.

Desta forma as actividades plantexadas, actúan, a súa vez, de ponte entre o ámbito académico e profesional; adquirindo un coñecemento dos distintos postos de traballo e perfís profesionais.

OBXETIVOS

  • Fomentar o desenvolvemento persoal dos participantes.
  • Apoio e reforzo á educación regrada.
  • Abordar e traballar os roles de xénero.
  • Consolidar a participación a través de actividades de conciliación, como marco de convivencia positiva, de traballo conxunto e apertura á sociedade en xeral.
  • Ensinar a xestionar e planificar o tempo como medio eficaz de conciliación da vida laboral, familiar e escolar.
  • Potenciar e apoiar encontros entre nais e pais, fillas e fillos que sirvan de intercambios de información, experiencias e recursos para promover a igualdade de xénero.
  • Formación en diferentes facetas da súa personalidade.
  • Interesar ao alumnado no seu propio proceso educativo.
  • Desenvolver un espírito crítico.
  • Promover na Comunidade Educativa o sentido da responsabilidade e a colaboración.
  • Actuar como elemento directivo do ocio.
  • Promover en el alumnado un sentimento positivo de pertenza ao centro.
  • Acadar unha maior autonomía e responsabilidade na organización do tempo libre.
  • Desenvolver a autoestima dos nenos, nenas e mozos/as.
  • Mellorar as relacións entre os alumnos e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
  • Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade do alumnado.
  • Posibilitar o acceso ás actividades culturais e deportivas a todos os nenos, nenas e mozos/as, ampliando o seu horizonte cultural.

METODOLOXÍA

Para acadar estes obxectivos ofreceranse distintos contextos ou escenarios nos que se dará especial relevancia a termos como a cooperación, o diálogo, a reflexión, o respecto, a tolerancia, etc. fomentando a participación das alumnas e dos alumnos nos seus propios procesos de aprendizaxe, priorizando os traballos en grupo, motivando a expresión libre e creativa das propias ideas e sentimentos, creando canles fluídas de comunicación na aula e abrindo as portas ás transformacións sociais precisas que contribúan á construción de contextos educativos.

As actividades extraescolares que a Empresa Órbita Infantil ofrece, están orientadas ao aprendizaxe de diferentes materias de forma lúdica, intentando ao tempo que os nenos e as nenas o interpreten coma un tempo de ocio.

EXEMPLO DE ALGUNHA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

  • Música e movemento.
  • Inglés divertido.
  • Cociña.
  • Teatro.
  • Manualidades e pintura.
  • Baile moderno.
  • Animación a lectura.
  • Escola de país.
  • Clases de apoio.
  • Técnicas de estudio.
  • Caixón de sastre.
  • Predeporte.
  • Actividades deportivas.
  • Todo tipo de viaxes.
  • Fin de curso.
  • Campamentos.
  • Charlas e coloquios.
  • Horta escolar e educación ambiental.
  • Celebracións e festas puntuais.
  • Obradoiros.
  • Informática.