RECICLANDO

Moi boas amigas e amigos das bibliopiscinas!

Unha semana máis e xa apiques de rematar o verán, e tamén aproveitando que o mal tempo nos dou unha tregua, na Bibliopiscina  de Bertamiráns seguímonos divertindo un montón. Porque entre conto e conto, xogar o lince, o palabras arriba e facer crebacabezas, tamén tivemos tempo de facer un obradoiro de reciclaxe; máis concretamente fixemos uns divertidos dinosaurios utilizando os rolos de papel hixiénico e máis un tres en raia con corcho que nos quedou ben xeitoso.

Ata a vindeira semana bibliopiscineiros!