RECUNCHOS DE NADAL

Órbita Infantil inicia dende hoxe, un ano mais, a súa proposta lúdica e pedagóxica para o programa de conciliación do Concello de Vilagarcía:  Campamento de Nadal.

Coa mesma ilusión de sempre, as crianzas coñecerán e xogarán nos “Recunchos de Nadal”, espazos de aprendizaxe e diversión dedicados á música, ás tradicións, aos personaxes, aos doces e aos obradoiros de Nadal.

As mañás destas vacacións de Nadal converteranse polo tanto, nun tempo para o enriquecemento da aprendizaxe das crianzas dun xeito dinámico, lúdico e participativo, co obxectivo de axudar na conciliación ás familias de Vilagarcía que o precisen.