Entradas

Actividades de conciliación Nadal 2020

LOCAL ANEXO AO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

CAMPAMENTO DE NADAL:

23, 28, 29 e 30 decembro de 9.00 a 14.00 horas.

Nenos/as de 3 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 18 de decembro.

OBRADOIRO DECORACIÓN DE NADAL:

7, 14, e 21 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 6 de decembro.

OBRADOIRO CICLO DE COCIÑA INFANTIL DE NADAL:

10, 15, 17, 22 e 29 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 9 de decembro.

CONEXIÓN CO PAXE REAL E RECOLLIDA DE CARTAS:

9, 16, 23 e 30 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 8 de decembro.

CONCURSO DE POSTAIS  DE NADAL:

Entrega de traballos nas oficinas municipais ou no mail xuventude@pontecesures.org

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de presentación de traballos ata o 15 de decembro.

Actividades subvencionadas pola Deputación de Pontevedra.

QUÉ FACEMOS COAS MANS?

Estes días de Semana Santa, no Concello De Santiago de Compostela  disfrutaron dun xeito distinto das vacacións e pasaron unhas mañáns moi entretidas, co campamento que se realizou no Colexio Raíña Fabiola.

Todas as actividades que se realizaron tiveron como centro de interese as mans.

Fixemos obradoiros de todo tipo, dende crear a nosa propia pintura vexetal coa cal elaboramos un mural sobre a primaveira, tamén fixemos unha plantación de distintas sementes, instrumentos musicais con materiais de refugallo ,figuras en 3D de plastilina, dáctilo-pintura….Pero aparte de todas as manualidades que fixemos, tamén lle sacamos tempo para facer xogos de paracaídas, xogos predeportivos, dinámicas de grupo, xogos de cartas….

Foron uns días cheos de ledicia, nos cales pasamos uns moi bos momentos.

ENREDANDO NA BIBLIOPISCINA

Moi boas amigas e amigos! saludámosvos desde a bibliopiscina do Milladoiro. Esta primeira quincena do mes de xullo  foi un non parar de facer obradoiros, xogos e tamén leer contos. Entre as cousas que realizaron estes pequenos e pequenas artistas que se deixaron caer na bibliopiscina, entre chapuzón e chapuzón, foron uns orixinais lapiceiros con rolos de papel hixiénico, e ben bonitos que nos quedaron. Mirade, mirade para a foto.

¿QUÉ PASARÁ A SEGUINTE SEMANA? Seguide atentos e atentas….

Volta á rutina, volta ao colexio!!

De luns a venres e 16 a 20 horas, Órbita Infantil abre para ofrecer un servicio de conciliación os pais e nais.
Este servizo pode variar según as necesidades de cada usuario.

• Recollida do cole.
• Comedor.
• Estudo dirixido.
• Ludoteca.
• Merenda.
• Acompañamento e recollida de actividades extraescolares.

O que ti precises, nós proporcionámoscho.

Non dubides en chamar e pedir información, sen ningún compromiso.

LER,XOGAR E NADAR

O pasado luns 4 de xullo deu comezo as Bibliopiscina de Bertamiráns. A súa duración prolongarase os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.

O servizo de Bibliopiscina é gratuíto,tanto para nais, pais,nenas e nenos. Ofrece diariamente obradoiros, contacontos, debuxos,xogos….sen esquecernos dos adultos aos cales tamén ofrece prensa, xogos de mesa, e préstamos de libro a toalla ou no mesmo recinto da Biblipiscina.

Si vas ata a piscina de Bertamiráns achégate ata a zona da Bibliopiscina a facernos unha visita,de seguro valera a pena e te DIVERTIRÁS E DISFRUTARÁS!!