Entradas

INICIANDO OBRADOIROS EN…3,2,1…. XAAAA

Amigas e amigos por fin comezamos cos obradoiros en Órbita Infantil co obxectivo central de pasar as tardes máis entretidas no medio desta situación actual que estamos a vivir.

Máis concretamente, estreámonos co  Obradoiro de Samaín. Entre as nenas e os nenos que asistiron elaboramos os primeiros pasos do que será nun final unha monstruosa e arrepiante cabaza de Samaín.

Sen dúbida, pasamos una tarde chea de diversión entre pinceis, cola, papeis, globos….

Aínda queda algunha praza libre non o penses máis e apúntate.

Ahhh!!!que tamén temos obradoiros de cociña e de ciencia divertida, ¡ANÍMATE! ¡NON O DUBIDES! ¡ESPERÁMOSTE! Pasarás una tarde diferente e moi divertida.