FINALIZA O COMEDOR NA ESCOLA UNITARIA DE ORTOÑO
Xa chegamos ao mes de xuño e con el damos por finalizado o período de comedor escolar da Escola Unitaria de Ortoño.
Durante este último mes, as nenas e os nenos estiveron do máis entretidos xogando no parque da escola logo de comer e realizar os hábitos de hixiene, xa que o tempo o permitiu.
Leváronse a cabo xogos de todo tipo, pero entre os máis pequenos os que máis destacan son os xogos imaxinativos e xogos tradicionais como o “pilla-pilla”.
Finalizamos dicindo que a empresa ÓRBITA INFANTIL quere agradecer ás e ós participantes que confiaron no noso persoal para facerse cargo deste traballo.
Moitas gracias por todo e esperamos que todo se desenvolvera segundo o esperado.









Chegou o mes de decembro e con el chega o Nadal. Durante este último mes do ano 2018 as nenas e os nenos estiveron pintando e decorando diversos debuxos navideños que se utilizaron para decorar o seu comedor. Cada integrante pintou algún debuxo individualmente, pero tamén fixeron unha árbore en grupo.
Durante este curso escolar estaremos prestando servicio no comedor da Escola Unitaria de Ortoño. Esta iniciativa posta en marcha polas nais e pais tivo moi boa acollida entre os asistentes, posto que estan encantados.