Entradas

Acabase xullo

Bos días, rematamos o mes de xullo con uns xogos no exterior e logo Unha pequena Festa.Moitas grazas por contar connosco. Vémonos cando queirades, xa sabedes onde estamos.

CONTACONTOS: “ANIMAIS DE COMPAÑÍA”

Este luns en Aguapesada e o martes en Bugallido, tivemos sesión de contacontos co libro “Animais de Compañía”.

Un libro pensado para divertir ás nenas e ós nenos, a partir de xogos de palabras que se forman cos nomes  dos animais que os veciños de Dona María, creen que leva nunha caixa.

Para rematar o contacontos, cada nena e neno, realizou un pequeno móvil cos animáis protagonistas; un caracol, un vagalume, un camaleón e unha vacaloura.

CLAUSURA DAS BIBLIOPISCINAS AMES 2018

Moi boas amigas e amigos! pouquiño a pouco  e case sen darnos conta, chegamos o final do verán e con él  o remate do servizo das bibliopiscinas municipais de Bertamiráns, do Milladoiro e da praia fluvial de Tapia. Nesta última semana, realizamos xogos, obradoiros de pulseiras, contacontos, unha chea de actividades coas que nos divertimos un montón.

Para celebrar o último día realizamos dous sorteos e mais agasallamos as nenas e os nenos que se achegaron as diferentes bibliopiscinas cunha bolsiña de gominolas.

Que teñades un bo remate de verán e vémonos o próximo verán!

CONTACONTOS: «O MONSTRUO DE CORES»

O Monstruo de Cores non sabe que lle pasa.

Ten un lío coas  emocións e agora  tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida, que levou as nenas e nenos de Augapesada  ó fascinante mundo das emocións.

Rematamos o contacontos facendo o noso dado das emocións.

Bo remate do verán

Moi boas amigas e amigos!

E preguntaredesvos; ¿que tocou facer esta semana? Pois na Bibliopiscina do Milladoiro estivemos a facer uns orixinais imáns en cartóns, aparte diso tamén fixemos unas pulseiras e uns colares con  macarróns de cores e por último fixemos unhas libretas con papel de periódico e folios de cores.

E así pouquiño a pouco  case sen darnos conta, chegamos o final do verán e con él  o remate das bibliopiscinas. Pero non queremos despedirnos con tristeza xa que foi un verán moi divertido e que estivo cheo de moitas cousas boas e  un non parar de actividades.

Ainda queda un día,non o dubides: vente a calquera das bibliopiscinas do Concello de Ames.

E senón, que teñades un bo remate de verán e vémonos o próximo verán!

RECICLANDO

Moi boas amigas e amigos das bibliopiscinas!

Unha semana máis e xa apiques de rematar o verán, e tamén aproveitando que o mal tempo nos dou unha tregua, na Bibliopiscina  de Bertamiráns seguímonos divertindo un montón. Porque entre conto e conto, xogar o lince, o palabras arriba e facer crebacabezas, tamén tivemos tempo de facer un obradoiro de reciclaxe; máis concretamente fixemos uns divertidos dinosaurios utilizando os rolos de papel hixiénico e máis un tres en raia con corcho que nos quedou ben xeitoso.

Ata a vindeira semana bibliopiscineiros!

ARTE EN TAPIA

Durante estas tardes de verán,nenas e nenos que se achegaron a bibliopiscina de Tapia, deixaron ver as súas dotes artísticas. Usando diferentes elementos da natureza,como pedras, follas ou incluso landras, resultaron orixinais debuxos e murais e pisapapeis moi chulos. Sen olvidarnos, como non,da lectura; aparte do noso rincón de «Viaxando coa Igualdade», cómics e libros infantís como «Cocorico» ou o «Gato Lambón», foron os máis leídos durante estes días.

Bibliopiscina do Milladoiro

Moi boas amigos e amigas dende a bibliopiscina do Milladoiro. Nesta semana do mes de Agosto empezamos a viaxar coa igualdade mediante uns libros que resultaron moi entretidos. Aparte diso como non pode faltar estivemos coas manualidades na que fixemos uns bonitos marcapáxinas e uns llaveros que o principio resultaron algo complicados pero o final conseguiuse.