Entradas

Obradoiros Infantís da XXVI Festa do Lacón de Cuntis

Na tarde de onte, día Domingo 26 de febreiro, os pequenos e as pequenas de Cuntis puideron desfrutar de diferentes obradoiros infantís. Entre estes atopamos pintacaras, carteiras, imáns e marcapáxinas.

Con respecto a estes dous últimos poderíase dicir que foron unha estupenda oportunidade para que os pequenos e as pequenas deixasen voar a súa imaxinación, dando así lugar a unha gran variedade de deseños totalmente diferentes entre sí, que logo foron plastificados coa axuda dos monitores e monitoras.

Por último, o Pintacaras foi o punto final desta magnífica festa. A través deste os rapaces e rapazas puideron decidir o que querían ser por un momento, sen límites. Xurdiron así personaxes que ían dende supehéroes como Batman ou Spiderman, ata preciosas e delicadas  bolboretas ou flores.

Se tivésemos que destacar algo ao longo da xornada, non cabe dúbida de que serían os risos, dos nenos, das nenas e incluso dalgúns pais e nais que se achegaron a compartir o obradoiro coas súas crianzas. Non saberíamos dicir quen o pasou mellor!

CHAPANTE

Dende fai unhas semanas acudimos a Cuntis para realizar un Chapante cos membros do programa Habilitas e as nenas do pobo. Hoxe despois de moito traballo e pasalo ben poñemos fin o noso Chapante.
Para quen non coñeza a figura do Chapante ímolo presentar brevemente:
É un mítico personaxe do Entroido de Cuntis, o cal visibiliza as críticas as persoas que optan por vivir de rentas e sen traballar.
O noso Chapante será presentado o vindeiro Venres 24 as 9 da noite, na famosa Gala do Chapante na OMIX.

SAMAÍN EN CUNTIS!

Este luns, en Cuntis tivemos a sorte de celebrar o Samaín con un taller de máscaras terroríficas. Ademais, os nenos e nenas puideron pintar a cara ao seu gusto, para logo coa compañía dos pais/ nais e familia saír a unha procesión, onde percorremos lugares escuros de Cuntis coa iluminación de lanternas e candelabros.