Entradas

Actividades de conciliación Nadal 2020

LOCAL ANEXO AO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

CAMPAMENTO DE NADAL:

23, 28, 29 e 30 decembro de 9.00 a 14.00 horas.

Nenos/as de 3 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 18 de decembro.

OBRADOIRO DECORACIÓN DE NADAL:

7, 14, e 21 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 6 de decembro.

OBRADOIRO CICLO DE COCIÑA INFANTIL DE NADAL:

10, 15, 17, 22 e 29 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 9 de decembro.

CONEXIÓN CO PAXE REAL E RECOLLIDA DE CARTAS:

9, 16, 23 e 30 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 8 de decembro.

CONCURSO DE POSTAIS  DE NADAL:

Entrega de traballos nas oficinas municipais ou no mail xuventude@pontecesures.org

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de presentación de traballos ata o 15 de decembro.

Actividades subvencionadas pola Deputación de Pontevedra.

XOGOS DO NADAL

Vimos de rematar o Campamento urbano de Nadal de Vilagarcía, este ano coa temática de “Xogos do Nadal”. Ao longo de oito xornadas nenas e nenos de 3 a 7 anos disfrutaron de moitos xogos diferentes, obradoiros de Nadal, tradicións e celebracións destes días e saídas. Velaiquí un pequeno resumo destas dúas semanas de actividades:

Xogos:

co xogo, actividade por excelencia da infancia,  nenos e nenas experimentan, aprenden, comprenden a realidade que os rodea, liberan tensións, desenvolven a súa imaxinación, enxeño…, é polo tanto unha ferramenta indispensable para o seu desenvolvemento. Estas xornadas no Campamento tivemos os seguintes xogos:

  • Xogos cooperativos e   Xogos exteriores.
  • Xogos populares.
  • Xogos do mundo.
  • Xogos de mesa.

Obradoiros, celebracións e tradicións do Nadal:

Entre as celebracións e tradicións destacamos:

  • Celebración de Fin de ano, tradicións doutras culturas.
  • Visita das Carteiras reais.
  • Visita ao Belén de Valga.

Como obradoiros tivemos:

  • Obradoiro de Papá Noel.
  • Obradoiro de árbore de Nadal.
  • Obradoiro de Xogos (memory cards e tres en raia).
  • Obradoiro interxeracional na Residencia Divina Pastora (árbore de Nadal e adornos).

Un saúdo para todos os nenos e nenas participantes, e moitas grazas pola vosa ilusión e o voso  entusiasmo nestas datas do Nadal.