TALLERES DE RECICLAXE NA BIBLIOPISCINA DE TAPIA
Durante estas semanas, na bibliopiscina de Tapia, nenos e nenas de diversas idades estiveron a participar en entretidos obradoiros e talleres de reciclaxe, nos que crearon verdadeiras obras de arte. Seguiron dándolle uso a periódicos vellos e restos de diferentes materiais, como goma eva, lá ou papel, dando como resultado todo tipo de cadros que se van expoñendo na bibliopiscina. Tamén deron moi bo uso dos xogos de mesa, sobre todo o xadrez; e cada vez hai mais xente que se anima a lectura libre dentro do recinto, sendo os cómics os mais demandados por rapaces e rapazas.