DESPEDÍMONOS DA ESCOLA DE VERÁN DE VALGA
E ata aquí chegou o campamento de verán de valga, toca dicir adeus esta semana e para non ser menos vimos cargadiños de cousas para a casa.
Reciclamos botellas de plástico e pintámolas e convertémolas en bolos, incluso fixemos unha pelota para xogar os bolos con papel de periódico reciclado.
Tamén fixemos a estrutura dun volcán e rematámolo pintando e fixémolo entrar en erupción, foi toda unha experiencia.
Fixemos sales de cores e botámolos nun vaso para poñer de decoración nas casas.
Logo de iso fixemos un mural sobre Maruxa Mallo e a súa vida, un pouco de papiroflexia e rematamos o mural de apis a abella e sobre a contaminación no planeta.
E para rematar a semana, primeiro comezámola coa festa da auga para celebrar o último dia. Logo un obradoiro sobre fai un bocata e por último fixemos entrar en erupción o volcán.
Familias esperamos que os vosos fillos o pasaran xenial, nos con eles si o pasamos xenial. Ata o próximo ano familias. Un saúdo moi grande e mil grazas.

XOGOS CON PARACAIDAS E FESTA DA AUGA EN VALGA

Co bo tempo que tivemos esta semana aproveitamos a facer unha chea de cousas. Comezamos co mural da Abella Apis sabendo distinguir as distintas fases polas que pasa unha abella desde que é ovo ata que se converte en abella.
Deseguido tamén tivemos festa da auga tanto para maiores como para pequenos,todos nos mollamos,e inventamos xogos con auga super divertidos e entretidos. Cantas risas tivemos con cada chapuzón de auga.
Despois tivemos tres visitas, comezamos coa psicóloga do CIM que nos fixo unha xincana de tarefas aos mais pequenos e un mural cos mais maiores sobre a igualdade. A continuación tivemos connosco a mestra composteira que nos explicou como se facía o compost e que podiamos votar nun contedor de compost. E para rematar a semana tivemos unha actividade que nos viñeron facer un grupo de monitores do proxecto revitaliza.
A continuación fixemos ras atrapamoscas que e un xogo que se nos ocorreu e nos tivo moi entretido e aínda por encima tamén reciclamos rolos de papeis hixiénicos para facer as ras.
E para rematar xogamos co paracaídas e preparamos a base do volcán que vamos facer entrar en erupción para a semana que ven como un experimento de ciencia.
Un saúdo familias.
DÁMOSLLE A BENVIDA AOS NENOS DA QUENDA DE AGOSTO
Esta semana comezámola con moitas presentacións e con moitas caras novas. Fixemos xogos de presentación para coñecernos todos mellor e saber a que nos gustaba xogar e que era o que mais nos gustaba.
O martes falamos sobre as enerxías renovables e fixemos un mural todos xuntos,que bonito nos quedou.
Tamén fixemos un iglú co seu esquimal coas nosas caras para saber que se coidamos o noso planeta estamos coidando os polos tamén para que non se desconxelen.
Despois fixemos os muíños de vento para poñer en práctica a teoría que falamos das enerxías renovables.
E aprendemos os distintos ciclos que ten unha abellas,as distintas fases polas que pasa antes de converterse en abella.
E para rematar a semana unha ran atrapamoscas con materiais reciclados que lles encantou os nenos.
Un saúdo familias.

REMATA A PRIMEIRA QUENDA DE XULLO EN VALGA.

Esta semana comezámola plantando sementes de leitugas e cenorias para que logo os nenos da seguinte quenda da escola de verán as transplanten. os nenos e nenas sabían moitas cousas de plantar nas hortas xa que moitos o fixeron algunha vez con seus pais, avós ou familias.
Tamén tivemos a visita da mestra composteira a cal nos explicou e nos fixo un xogo sobre que lixo ía no composteiro e cal no resto dos contedores sempre reciclando. Tamén nos ensinou como e o proceso de descomposición dos alimentos converténdose en compost.
Os avós dos nenos viñeron a visitarnos e a contarnos a que xogaban cando eles eran pequenos e tamén nos ensinaron algúns xogos e os rapaces tan contentos porque nunca xogaran a eses xogos, algúns nin sequera habían escoitado falar deles.
E para rematar a semana e a primeira quenda da Escola de Verán de Valga, rematámola pasada por auga coa festa da auga.
Un saúdo familias.
POR FIN A ESCOLA DE VERÁN DE VALGA TIVO A FESTA DA AUGA
Esta semana comezamos coas emocións e que ben sabían os nenos e nenas de valga cada unha das emocións as cales distinguimos con cores e pintámoslles caras según a emoción que fose.
Seguindo co tema da escola “non hai planeta B” fixemos a terra móbil con distintas tarefas que temos que levar a cabo para coidar o noso planeta.
Tivemos unha visita da psicóloga do CIM que nos fixo distintas actividades sobre a igualdade nas tarefas do fogar e sobre como traballar en equipo.
E como non, non puido faltar a festa da auga, con pistolas, globos e moitos xogos divertidos que fixemos. Divertímonos tanto que non quedou un monitor nin un voluntario sen mollarse.
Os mais pequenos fixemos ioga e os maiores visitaron a lagoa Mina Mercedes .
Tamén nos viñeron representar unha obra de Rosalía de Castro e fixemos un forno solar con unha caixa de cartón e papel aluminio.
Unha semana de 10!
Un saúdo familias.

VALGA COMEZA COA ESCOLA DE VERÁN

Esta semana comezamos co programa “Non hai planeta B” na escola de verán de Valga con una actividade para fomentar o coidado da natureza recollendo follas e ramas secas que atopamos pola contorna e pegámolas nun mural.
Ao longo da semana fomos científicos por un dia, facendo distintos experimentos e incluso un termómetro caseiro coa axuda dunha botella de plástico, una palla e un pouco de plastilina.
Para rematar a semana conciénciamos aos nenos e nenas de non tirar lixo aos mares e praias, xa que moitos peixes morren pola contaminación. Para facer a contaminación nas praias e nos peixes mais representativas fixemos un mural e uns peixes nunha pinza que cando abren a boca os peixes víanse os envases de plástico etc que puideron comer pensando que era comida para eles.
E xa para rematar unha ultima actividade sobre a enerxía como podemos conseguir a enerxía e fixemos un muíño de vento.
Esta semana foi toda unha aventura e para a semana moito mellor.
Un saúdo familias